Concello de Vilamarín. Contratación laboral temporal dun/dunha arquitecto/a [OFERTA PECHADA]

16 Ene 2018

No BOP-Ourense de data 15 de xaneiro de 2018, aparece a convocatoria para a contratación por concurso de un/unha arquitecto/a para o Servizo de Urbanismo, en réxime laboral temporal, a xornada completa.

Pode acceder ao anuncio a través do seguinte ENLACE.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que estando admitidos os Arquitectos para participar se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir