O BOP de Lugo do 9 de xuño (nº 129) publica o anuncio do Concello de Monterroso no que se indica que, por acordo de Xunta de Goberno Local de data 02 de xuño de 2021, aprobáronse as bases para a contratación como funcionario interino no marco do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos -Programa Fomento de Emprego 2021 o posto de Arquitecto. Prazo de presentación de solicitudes: 3 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do Anuncio da convocatoria no BOP.
Lugar e prazo de presentación das solicitudes: No rexistro do Concello de Monterroso no prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
As bases completas están expostas no taboleiro de anuncios do Concello de Monterroso e na páxina web www.monterroso.es Concretamente no seguinte ENLACE
Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.