Fallo do I Concurso de Debuxo Infantil «A Supercasa» da Delegacion do COAG en Pontevedra

10 Feb 2023

Enzo García de Moaña, Lucas Rodríguez de Vigo, e Miguel Xiaozhu Doce da Coruña gañan o I Concurso de Debuxo Infantil “A Supercasa” da Delegación de Pontevedra do Colexio de Arquitectos de Galicia.  O certame, destinado a que a cativada coñeza a importancia da arquitectura na calidade de vida e benestar da sociedade, contou coa participación de 266 debuxos.

Outórganse 24 distincións entre premios principais, accésit e mencións especiais coa colaboración da Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra e das empresas MR Bambú e libraría CLIP do comercio local da cidade.

A entrega de premios será na primeira quincena de marzo en Pontevedra.

Pódense consultar as obras premiadas en https://portal.coag.es/fallo-do-xurado-do-i-concurso-de-debuxo-infantil-a-supercasa/ .

A Delegación de Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) fai público o fallo do I Concurso de Debuxo Infantil, “A Supercasa”, convocado o pasado mes de novembro con motivo do Día Mundial da Arquitectura. O certame, que naceu para dar a coñecer aos máis pequenos da casa a importancia que ten a arquitectura na calidade de vida e benestar da sociedade, contou coa colaboración da Concellería de Educación do Concello e o comercio local de Pontevedra.

Presentáronse ao concurso 266 debuxos realizados por nenos e nenas de entre 5 e 12 anos que cursan Educación Primaria [1ª categoría (de 1º e 2º de Primaria): 98 debuxos; 2ª categoría (de 3º e 4º de Primaria): 90 debuxos; e 3ª categoría (de 5º e 6º de Primaria): 78 debuxos], creacións que representan a idea do que debe ser unha casa ideal, a Supercasa.

O xurado estivo formado por seis membros: Luis Davila, recoñecido artista gráfico e ilustrador de Bueu, como presidente; Celia Arcos, licenciada en Belas Artes na especialidade de Deseño Gráfico; Tania Solla, recoñecida ilustradora da cidade de Pontevedra; Anselmo Villanueva, presidente da Delegación en Pontevedra do COAG; Carlos Berride, tesoureiro da Delegación en Pontevedra do COAG; e María Pierres, secretaria da Delegación en Pontevedra do COAG. Avaliaron os debuxos presentados segundo a idea reflectida e a expresión gráfica, orixinalidade, creatividade, calidade artística ou dificultade técnica en función de cada categoría e idade.

Outorgáronse 24 premios en total, entre galardóns principais, accésit e mencións especiais. Os premios principais son para os tres debuxos gañadores por cada categoría:

1ª Categoría:

  • O 1º premio foi para Enzo Granja Cortegoso de Moaña co debuxo “A casa dinosaurio”. Recibe unha tarxeta – regalo de 250 euros en material de educación plástica ou libros.
  • O 2º premio foi para Nadia Fernández Vázquez da parroquia de Marcón en Pontevedra co debuxo “A casa imaxinaria”. Recibe unha tarxeta – regalo de 150 euros en material de educación plástica ou libros.
  • O 3º premio foi para Xoán Arosa García Polo de Pontevedra co debuxo “Casa-árbol conectada a casas del árbol”. Recibe unha tarxeta – regalo de 100 euros en material de educación plástica ou libros.

2ª Categoría:

  • O 1º premio foi para Lucas Rodríguez de Vigo co debuxo “A casa da discoteca barbuda”. Recibe unha tarxeta – regalo de 250 euros en material de educación plástica ou libros.
  • O 2º premio foi para Orlindes Noya Montes de Ourense co debuxo “Expanse- casa no espazo”. Recibe unha tarxeta – regalo de 150 euros en material de educación plástica ou libros.
  • O 3º premio foi para Noa Visconti Sanjurjo de Caldelas de Tui en Tui co debuxo “A casa da diversión”. Recibe unha tarxeta – regalo de 100 euros en material de educación plástica ou libros.

3ª Categoría:

  • O 1º premio foi para Miguel Xiaozhu Doce Trigo de A Coruña co debuxo “A miña supercasa no mar”. Recibe unha tarxeta – regalo de 250 euros en material de educación plástica ou libros.
  • O 2º premio foi para Lúa Saco Borbujo de Ourense co debuxo “Mi refugio”. Recibe unha tarxeta – regalo de 150 euros en material de educación plástica ou libros.
  • O 3º premio foi para Irene Bastos de Vigo co debuxo “A casa verde”. Recibe unha tarxeta – regalo de 100 euros en material de educación plástica ou libros.

A Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra concede 12 accésit, premiados con vales de 75 euros para material de educación plástica e libros:

1ª Categoría: Roy Calo de la Rosa (de Pontevedra) co debuxo “supercasa”; Javier Fernández (de Vigo) co debuxo “casa de med”; Julia Sánchez Iglesias (de Moaña) co
debuxo “a miña supercasa”; Jimena Do Souto (de Moaña) co debuxo “casa faladora”; e Suevia García Ruiz (da parroquia de Marcón en Pontevedra) co debuxo “casafeliz”.

2ª Categoría: Jorge Suárez Méndez (de Caldelas de Tui en Tui) co debuxo “a casa das diversións”; Hugo Fernández (de Vigo) co debuxo “casa hotel cinco estrelas”; Leyre Noya Estévez (de Pontevedra) co debuxo “casa brilla”; e Natalia Lago De Lima (de Caldelas de Tui en Tui) co debuxo “a casa de cores”.

3ª Categoría: Julia Rodríguez (de Vigo) co debuxo “dream house”; Noa González Moldes (de Marín) co debuxo “casa feliz”; e Aylen Beliard Fernández (de Marín) co debuxo “xardín”.

Tamén o COAG outorga un Accésit Mención Especial por categoría, grazas á colaboración das empresas MR Bambú e libraría CLIP do comercio local da cidade: na primeira categoría a distinción foi para Tsuna Carbajal Domínguez (da Coruña) polo seu debuxo “casa corazón”; na segunda categoría foi para Tiago Carid (de Vigo) por “a casa coche”; e na terceira categoría foi para David Fernandez Fontano (de Vigo) por “la morada de la diversión”. Todos eles recibirán agasallos do comercio local.

Todos os premiados recibirán un diploma acreditativo, emitido pola Delegación en Pontevedra do Colexio de Arquitectos de Galicia. O acto de entrega de premios celebrarase na primeira quincena de marzo na cidade de Pontevedra.

Compartir