Seminario Maior do Divino Mestre.
VENRES 29, 19,00 h.
Cidadán: Ángel Feijóo Mirón.
Arquitecto: Xan Xosé Rodríguez González.
Con esta trixésimo quinta visita iniciamos un novo curso académico das Olladas na rúa. Trátase dun seminario de grandes dimensións xestado no ano 1950 e situado nun dos outeiros que rodean a cidade de Ourense. O diseño fíxose dende Madrid, da man do arquitecto José María de la Vega Samper.
Recorrerémolo da man do seu reitor Angel Mirón e do arquitecto Xan Rodriguez. Agardámosvos.!