Arquitecturas Ourensás – Seara Peleteiro Arquitectos

2 Nov 2022

Dende a Delegación de Ourense continuamos cunha nova edición do ciclo de charlas «Arquitecturas Ourensás» nas que descubrimos a arquitectura da provincia da man dos nosos compañeiros e das súas obras. Nesta ocasión, teremos con nós a Berta e Juan, de Seara Peleteiro Arquitectos, para amosarnos a súa arquitectura.

Ao remate das charlas seguiremos a falar do que máis nos gusta, por suposto a arquitectura, acompañados duns petiscos.

Agardámosvos a todos para seguir facendo Colexio.
A Xunta Directiva da Delegación de Ourense
Rafa Castro, Marta Feijoo e Abel Mares

Compartir