Arquitecturas Ourensás – Quico Jorreto

5 Dic 2022

Xa temos preparada a terceira edición do ciclo de charlas «Arquitecturas Ourensás» nas que descubrimos a arquitectura da provincia da man dos nosos compañeiros e das súas obras. Nesta ocasión, teremos con nós a Quico Jorreto, para amosarnos a súa arquitectura.

Coma sempre, ao remate da charla seguiremos a falar do que máis nos gusta, por suposto a arquitectura, acompañados duns petiscos. Pero nesta ocasión aproveitaremos para despedir o ano, polo que deberedes anotarvos enviando un email a secretario.ourense@coag.es.

Agardámosvos a todos para seguir facendo Colexio.

A Xunta Directiva da Delegación de Ourense

Compartir