Arquitecturas Ourensás – Pablo Falcón

13 Mar 2023

Continuamos coa sexta edición do ciclo de charlas “Arquitecturas Ourensás” o xoves 16 de marzo nas que, como de costume, descubrimos a arquitectura da provincia da man dos nosos compañeiros e das súas obras. Nesta ocasión, teremos con nós a Pablo Falcón, para amosarnos a súa arquitectura.

Ao remate das charlas seguiremos a falar do que máis nos gusta, por suposto a arquitectura, acompañados duns petiscos.

Agardámosvos a todos para seguir facendo Colexio.

A Xunta Directiva da Delegación de Ourense

Compartir