As Delegacións de Lugo e Ourense do COAG colaboran na difusión do Foro Vivenda Ribeira Sacra, unha iniciativa promovida por Ribeira Sacra Next que terá lugar o vindeiro 19 de xuño de 2026 no Parador de Monforte de Lemos.
O encontro reunirá representantes institucionais, profesionais, axentes económicos e empresariais e persoas expertas para analizar os retos e oportunidades da vivenda na Ribeira Sacra, así como para compartir propostas e experiencias que contribúan ao desenvolvemento futuro do territorio.
Enlace ao programa:
MESAS FORO VIVENDA RIBEIRA SACRA 2026
Data: 19 de xuño de 2026
Lugar: Parador de Monforte de Lemos
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición na seguinte ligazón:
https://ribeirasacranext.gal/
