Concello de Lugo – apertura do proceso de recepción de achegas sobre a nova ordenanza do IAE

2 Nov 2023

O pasado 31 de outubro recibimos un escrito dende alcaldía de Lugo para informarnos sobre o proceso de recepción de achegas sobre a nova ordenanza de IAE que están por redactar.

 

Queremos informarvos que activamos un proceso de escoita e consulta pública co fin de preparar unha nova Ordenanza municipal que rexerá a Avaliación Técnica dos Edificios para abordar de xeito independente esta materia, conforme aos últimos cambios lexislativos que obrigan á subsitución das antigas lTEs por informes de avaliación.

O noso obxectivo é avanzar con todas as ferramentas administrativas posibles na cultura do sostemento dos inmobles para mantelos en condicións de seguridade, salubridade e ornato. O documento incluirá tanto as edificacións que quedan suxeitas a esta obriga formal como os prazos e condicións nos que deban realizarse as inspeccións e informes a cargo de facultativo/a competente, en función da súa antigúidade, tipoloxía, uso predominante ou catalogación en materia de patrimonio cultural, conforme ao ordenamento xurídico estatal e galego, e proporcionando a titulares e técnico/as os instrumentos axeitados para materializar a obriga de inspección periódica que permita o coñecemento das deficiencias existentes nas edificacións e as actuacións necesarias para a súa corrección.A nova ordenanza levará aparellada, de xeito necesario, a derogación da normativa municipal que regulaba ata o momento a figura das lnspeccións Técnica.

Animámosvos a participar coas vosas suxestións neste proceso participativo, que estará aberto até o día 6 de novembro, indicando ou nome e apelidos ou denominación social, mediante correo eléctrónico dirixido a ordenanzaurbanismo@lugo.gal.

Podedes atopar información neste enlace:
https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/consulta-publica-previa-elaboracion-dunha-ordenanza-municipal-en-materia-de-avaliacion.

 

Neste sentido, indícase que aqueles/as colexiados/as que o desexen poden facer chegarnos as súas aportacións, a través da Plataforma de Consultas colexiais, dentro do apartado “Outros“, á maior brevidade posible e, en todo caso, antes das 12,00 h. do día 6 de novembro.

Compartir