O vindeiro sábado 21 de maio, a Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego organiza, en colaboración coa Delegación do COAG en Lugo e co Concello de Ribadeo, esta visita guiada.
Actividade gratuita. Prazas limitadas.
Inscrición en: apatrigal@gmail.com
Xantar: 20 euros.
Asociados: 10 euros.
Día: sábado 21 de maio.
inicio: 11,00 horas.
Remate: 18,00 horas.
Ribadeo Antigo
O plano medieval de Ribadeo ten o seu eixe central na rúa dos Ares (hoxe eixe das rúas Antonio Otero-Viejo Pacho) que unía o porto de Porcillán coa porta da muralla que daba á Praza de España. Nela confluían o resto de rúas, xa que a poboación só contaba con dous accesos á ría: a través desta rúa a Porcillán e a través da rúa Ibáñez para a Cabanela. Desenvolveuse un segundo eixe, paralelo ó anterior, o da rúa Amando Pérez. Aquí construíron as súas casas ricas fidalgos e comerciantes que convivían con mariñeiros e artesáns. O resultado é un conxunto urbano diversificado que combina pazos urbanos con sinxelas construcións.
Ribadeo Ilustrado
Dende a segunda metade do S. XVIII, impulsado polo comercio do liño, o porto ribadense acada una posición de primeiro nivel entre os portos de todo o Cantábrico. Causa e efecto deste comercio é o establecemento de destacados comerciantes forasteiros e outros da vila, que transforman a súa fisionomía coa construción de novas vivendas nas que se aloxa esta emerxente clase social economicamente poderosa. A construción de novas vivendas por parte desta emerxente e poderosa clase social contribuiría á transformación do seu centro histórico (declarado Ben de Interese Cultural), que combina palacios urbanos blasonados con sinxelas construcións de mariñeiros e artesáns. Son as grandes casas das que aínda se conservan exemplos nas rúas do casco vello que, nalgúns casos están singularizadas polos miradoiros de cristal erguidos nos cumios dos tellados para advertir a chegada dos barcos, Os gurugús.
Ribadeo Indiano
Nas últimas décadas do século XIX e as primeiras do XX Ribadeo viviu unha época de crecemento económico e urbanístico, en gran medida, grazas ao retorno dos emigrantes americanos. Estes indianos deixaron pegada en forma de belas e esveltas edificacións que reflicten un novo estilo de vida, máis cosmopolita, investiron en empresas industriais, comerciais e foron os mecenas de diversas iniciativas socio-culturais, contribuíndo decisivamente á modernización das estruturas e equipamentos do municipio.
Heráldica Ribadense
A fidalguía ribadense fixo un amplo uso dos brasóns durante os séculos XVI o XIX. Cada escudo mostra a ascendencia do seu posuidor. Algunhas imaxes aparecen en varios escudos e pertencen ás liñaxes de maior presenza na zona; como a M que lucían os Montenegro; as lapas que lucían os Lamas de Quintalonga; as cinco doncelas coa súa vierira dos Miranda, a torre bañada polo mar dos Presno ou a aguia dos Aguiar. Algúns ademais , lucían lemas: “O solar de Valledor es antiguo y de gran valor”