Traslado da Delegación de Ferrol do 11 ao 15 de setembro

6 Sep 2017

Infórmase que por mor do traslado das nosas oficinas ao novo local, a delegación de Ferrol permanecerá pechada entre o 11 e o 15 de setembro, ambos inclusive.

A partir do luns 18 de setembro, a atención presencial se levará a cabo dende as novas oficinas sitas en Avenida de Esteiro, 113. Baixo.

A Xunta Directiva convida os colexiados a participar neste traslado, axudando nas tarefas de ordenación da biblioteca, a partir do mércores 13 nas novas instalacións.

Rogamos desculpen as molestias que esta circunstancia poida causar.

Compartir