Presentación do libro «Flor de Santiago»

22 Feb 2018

O vindeiro xoves 1 de marzo, ás 20:00 horas, preséntase na sede da Delegación de A Coruña do COAG o libro Flor de Santiago da arquitecta Ruth Varela.

O libro Flor de Santiago narra a historia dunha das flores de maior beleza e de maior pregnancia simbólica do reino das plantas, unha flor sagrada para os aztecas que foi bautizada polos españois co nome de Flor de Santiago; un apelativo que é froito do intercambio cultural, científico e relixioso, que comeza no século XVI, entre México, España e Galicia.

A publicación está coeditada polo COAG e a editorial Flor de Santiago.

Compartir