Xornadas Profesionais: “Eficiencia Enerxética en Construción. Novas Oportunidades”

17 Jun 2015

A Fundación Laboral de la Construcción, comunica o COAG que ten o pracer de convidar ás Xornadas que se levarán a cabo nas próximas semanas. Trátase dunha iniciativa de carácter gratuíto e aberta a tódolos interesados en mellorar o seu posicionamento no eido da Eficiencia Enerxética, ou de comezar nel a súa andadura profesional.

Para elo, contará coa presenza de destacados relatores, referentes nos seus ámbitos de actuación:

  • D. Juan Piñeiro Chousa, director, entre outros, do Máster en Xestión Ambiental no Sector da Construcción da Universidade de Santiago de Compostela.
    Relatorio: «Análise Básica de Proxectos«
  • D. José Antonio Tenorio Ríos, tecnólogo do Instituto de Ciencias da Construcción, Eduardo Torroja. CSIC.
    Relatorio: «Tecnoloxías de Rehabilitación«
  • D. Xoán Ramón Doldán García, Profesor titular na Universidade de Santiago de Compostela e Director do Instituto Enerxético de Galicia.
    Relatorio: «Políticas de Axudas Públicas«

Trátase de catro xornadas cun mesmo programa e relatores, que se levarán a cabo nas localidades de: Ourense, Vigo, Lugo e Narón, entre os días 25 de xuño e 3 de xullo.

  • Ourense: 25 de xuño de 2015, en horario de 15:30 a 21:30
  • Vigo: 26 de xuño de 2015, en horario de 08:30 a 14:30
  • Lugo: 2 de xullo de 2015, en horario de 15:30 a 21:30
  • Narón: 3 de xullo de 2015, en horario de 08:30 a 14:30

A información completa, así como o formulario de inscrición, están dispoñibles na páxina do proxecto.

Fundación Laboral de la Construcción, Galicia
Tel: 981 801 555 / Fax: 981 801 613
flc.galicia@fundacionlaboral.org
http://galicia.fundacionlaboral.org

Compartir