A EGAP convoca este curso coa finalidade de dar a coñecer os obxectivos das políticas europeas en materia de desenvolvemento urbano e territorial, profundar na necesidade de incorporar esta visión e obxectivos estratéxicos da EE2020 na planificación municipal galega e aplicar ferramentas de xestión de fondos europeos a través das estratexias DUSI.
Persoal destinatario: persoal empregado público das administracións públicas de Galicia que teña a condición de persoal funcionario do grupo A (subgrupos A1 ou A2) ou persoal laboral dos grupos I ou II, así como ao persoal eventual e directivo da Administración local de Galicia. No caso de non cubrirse a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán ser cubertas por persoal contratado polas administracións públicas cun contrato de servizos ou equivalente, cargos electos, así como profesionais que se atopen en posesión do título de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.
Prazas: 70
Modalidade: presencial
Lugar: EGAP, Santiago de Compostela
Duración: 110 horas teórico-prácticas (62 horas presenciais -os mércores-, 48 horas de actividades non presenciais)
Importe: matrícula de 200 euros para o persoal funcionario dos subgrupos A1 e A2 e para o persoal laboral dos grupos I e II. Matrícula de 350 euros para os demais solicitantes.
Matrícula: desde as 8.00 horas do 16 de marzo ata as 23.55 horas do 2 de abril na Zona de matrícula da EGAP. Os solicitantes, agás os que pertenzan á Administración autonómica, deberán enviar a novas.egap@xunta.gal -antes de que finalice o prazo de inscrición- unha certificación acreditativa do grupo de destinatarios ao que pertencen ou, no seu caso, unha copia do título.