Consulta sobre incidencias ou suxestións en relación coa Hermandad Nacional de Arquitectos

10 Jul 2019

O Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España ten previsto organizar proximamente unha reunión de traballo cos responsables da Hermandad Nacional de Arquitectos na que se tratarán asuntos de interese para ambas entidades. Coa idea de recompilar outros posibles asuntos a tratar nesa reunión, ábrese un período para que os/as colexiados/as interesados/as participen, propoñendo á Xunta de Goberno do COAG asuntos a tratar nesa reunión de traballo para valorar a súa remisión ao CSCAE. 

Nesa reunión de traballo entre o CSCAE e HNA, entre outros asuntos, está previsto tratar os seguintes asuntos:

  • Contabilización pola Seguridade Social dos anos cotizados á Hermandad Nacional de Arquitectos cando era de pertenza obrigatoria a favor dos que se pasaron ao Régimen Especial de Traballadores Autónomos.
  • Tarxeta sanitaria europea non dispoñible para mutualistas.
  • Actualización das prestacións mínimas.

Neste sentido, os interesados en facer chegar os comentarios sobre incidencias ou suxestións en relación con este asunto, deberán realizarse a través da plataforma de consultas colexial no seguinte ENLACE, á maior brevidade posible e en todo caso antes das 12:00 horas do vindeiro martes 16 de xullo.

Compartir