Consellería de Facenda. Rehabilitación dun edificio para a nova oficina central de emprego en Lugo

2 Feb 2018

No DOG de 1 de febreiro aparece o anuncio do procedemento para a contratación da redacción do proxecto básico e de execución da obra de rehabilitación dun edificio para a nova oficina central de emprego en Lugo.

A data límite de presentación de ofertas será ata as dezanove (19:00) horas do décimo quinto (15) día natural, contado desde o seguinte ado da publicación deste anuncio no DOG.

Enlace ao anuncio no DOG.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 do 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que estando admitidos os Arquitectos para participar considérense de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

 

Compartir