Concurso de proxectos para a reforma de edificacións en Praza da Igrexa (Casco Vello) en Vigo

5 Feb 2021

Publicado no Perfil del contratante o concurso de proxectos de arquitectura, con intervención de xurado, desenvolto nunha única fase a nivel de anteproxecto, para a selección da mellor proposta en base a súa calidade, e posterior contratación da redacción do proxecto que recolla a actuación no fronte da Praza da Igrexa (Casco Vello), e a dirección facultativa da obra, en base aos antecedentes e aspectos sinalados nos condicionantes técnicos recollidos no Anexo I das Bases.

    • Estado da Licitación: Publicada
    • Obxecto do contrato: Concurso de proxectos para a reforma de edificacións na Praza da Igrexa (Casco Vello)
    • Presuposto base de licitación sin impostos: 64.752,06 Euros
    • Valor estimado do contrato: 64.752,06 Euros
    • Tipo de Contrato: Servizos
    • Código CPV: 71000000-Servicios de arquitectura, construcción, ingeniería e inspección.
    • Lugar de Execución; España – Pontevedra
    • Procedemento de contratación:  Aberto

ENLACE AO PERFIL DO CONTRATANTE.

Compartir