O 5 de decembro presentouse un escrito na sede electrónica da Xunta de Galicia, dirixido ao Sr. Vicepresidente 2º e Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, trasladándolle un solicitude urxente de prorroga do prazo de presentación de propostas no Concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos, para a rehabilitación do edificio dos xulgados situado na Rúa Lalín de Vigo para uso de asociacións e entidades sociais, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea (Nextgeneration UE). Pódese consultar o texto íntegro no seguinte ENLACE.