O Xulgado Contencioso Administrativo nº 2 de Vigo declara a firmeza da Sentenza 18/2021, de 26 de xaneiro de 2021, recaída no Procedemento Ordinario 134/2020.

30 Mar 2021

A sentenza desestima un recurso do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia impugnando a resolución do Concello de Vigo que declarou a falta de competencia dun enxeñeiro industrial para realizar un informe de avaliación de edificios sobre edificación residencial. A sentenza desestima íntegramente o recurso e declara conforme a dereito a resolución do Concello de Vigo. O COAG actuou en dito procedemento xudicial en defensa das competencias da profesión.

A sentenza, realiza unha análise detallada das atribucións profesionais que regula LOE e que se concretan nos artigos 12, 13 , en relación co artigo 2 do mesmo texto legal, precisando que: “Los únicos títulos que demuestran la capacitación profesional para la confección de proyectos de edificación respecto de la construcción de edificios o intervenciones sobre los existentes, con usos administrativos, sanitarios, religiosos, residenciales en todas sus formas, docentes y culturales, son el de arquitecto y el de arquitecto técnico para la dirección de la ejecución de estas obras, y sus IEEs.”

Firme a sentenza contra xa non cabe recurso contra ela.

Compartir