O Concello de Meaño estima o recurso de reposición interposto polo COAG en impugnación da licitación para a adxudicación do contrato de servizos para a redacción do instrumento de planeamento denominado “Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións de A Toxa-Meaño”

14 Dic 2021

O COAG impugnara dita licitación o pasado 29/11/20121. A vista da notificación do concello dita licitación tamén fora impugnada por outro Colexio Profesional. A Xunta de Goberno Local, previa estimación de ambos recursos, acordou desistir do procedemento de adxudicación, conservando os actos e trámites cuxo contido non resultaran afectados pola estimación dos recursos  e efectuar unha nova convocatoria da licitación.
 

Compartir