O COAG presentou un recurso de reposición en impugnación da licitación do Concello de Valga para adxudicar o Contrato de servizos de redacción do proxecto de creación de Senda Peonil e Ciclable dende o Lugar de Castiñeiras ata o núcleo de Ponte Valga. Expediente núm.: 209/2024
Os principais motivos da impugnación foron:
– As melloras que se valoraban como criterios de adxudicación no entendemento de que as mesmas infrinxían a regulación sobre as melloras ao non supoñer unha perfección do contrato senón que, na opinión do COAG, suponían prestacións totalmente independentes que excedían do obxecto do contrato distorsionando o equilibrio económico do mesmo.
– O subcriterio de adxudicación consistente en “COÑECEMENTO DO ENTORNO A TRAVÉS DE TRABALLOS E PROXECTOS REALIZADOS NA ADMINISTRACIÓN LOCAL DE VALGA”, no entendemento que supón infracción dos principios fundamentais da contratación pública, como son o principio de igualdade e non discriminación e a liberdade de acceso ás licitacións, por tratarse dun criterio de «arraigo territorial».