O COAG presentou un recurso de reposición en impugnación da licitación do Concello de Catoira

22 May 2024

O COAG presentou un recurso de reposición en impugnación da licitación do Concello de Catoira para adxudicar o Contrato de servizos de redacción do proxecto de mellora da mobilidade e recuperación de espazos públicos no núcleo Paseo Mirador da Ría.

Os principais motivos do recurso foron: a publicación de documentación o día antes da finalización do prazo de presentación de propostas e a valoración como criterios de adxudicación «contar co título de TÉCNICO ÁGORA» da Deputación de Pontevedra ou «TER ASISTIDO AO CURSO ÁGORA» da Deputación de Pontevedra, no entendemento de que valorar dito título ou curso resulta discriminatorio.

Compartir