O COAG presenta recurso de reposición en impugnación da licitación do Concello de Quiroga para a adxudicación do contrato de servizos de consultoría e asistencia técnica urbanística municipal

24 Feb 2022

Os principais motivos de impugnación foron:

I.- INFRACCIÓN DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS. O prego establece como criterio de solvencia técnica a titulación de Arquitecto ou de Arquitecto Técnico. Á vista das funcións a realizar o COAG entende que só o Arquitecto pode realizar a totalidade das mesmas sen limitación dadas as súas plenas competencias en urbanismo e edificación.

II.- INFRACCIÓN DE PROCEDEMENTO: PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS: INFRACCIÓN DO ARTIGO 156.6 LEI 9/2017; CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN. INFRACCIÓN DO ARTIGO 145 LCSP.

O prego establece como único criterio de adxudicación o prezo máis baixo (convertendo o procedemento nunha poxa) polo que infrinxe o artigo 145.3 g) e 145.4 LCSP xa que, en virtude do mesmo, nos contratos de servizos de arquitectura e urbanismo sempre hai que aplicar máis dun criterio de adxudicación e neste tipo de contratos, os criterios relacionados coa calidade deben representar como mínimo o 51% da puntuación total e consecuentemente os criterios relacionados cos custes, como o prezo, non pode superar o 49%.

III.- ORZAMENTO DE LICITACIÓN NON ACORDE AOS PREZOS DE MERCADO.

Compartir