O COAG comparece e constituese en parte no Procedemento Ordinario 195/2017 tramitado no Xulgado Contencioso-Administrativo nº3 de Pontevedra en relación ao recurso contencioso administrativo interposto polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos en impugnación da licitación da asistencia técnica urbanística do concello de A Guarda

Recurso de reposición contra a licitación da Consellería de Política Social e Xuventude para a Contratación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución, estudo de seguridade e saúde e servizo de dirección de obras de remodelación para implantación dun novo modelo residencial de maiores da Xunta de Galicia na residencia de maiores A Milagrosa en Lugo incluído dentro do “Plan de Recuperacion, Transformacion e Resiliencia -financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU”. (Referencia de expediente CPS-2023-0007; Expediente 10/2023)