Declaración do COAG ante o Derrubo da “Casa Guzmán” de Alejandro de la Sota

19 Ene 2017

A Xunta de Goberno do COAG, reunida en sesión 1/2017 de 18 de xaneiro, celebrada en Santiago de Compostela, tendo coñecemento do derrubo da Casa Guzmán do mestre Alejandro De La Sota, acordou por unanimidade emitir a seguinte declaración:

Declaración do COAG ante o Derrubo da “Casa Guzmán” de Alejandro De La Sota

A Xunta de Goberno do COAG ven, no nome dos arquitectos galegos e da Arquitectura, en manifestar publicamente a indignación do colectivo polo derrubamento da casa Guzmán, obra do arquitecto galego Alejandro De La Sota, en canto supón unha grave perda do noso patrimonio arquitectónico contemporáneo e a desaparición dunha obra senlleira, exemplo significativo do posicionamento do seu autor nas liñas de vangarda do Movemento Moderno.

Dende o COAG lamentamos a falta de dilixencia na protección do Patrimonio que representa a Arquitectura moderna e contemporánea de España, alén dunha consideración por antigüidade. Os Colexios de Arquitectos temos unha responsabilidade cara á nosa cultura e a nosa sociedade, e tamén por elo esiximos das administracións accións urxentes de protección destas pezas emblemáticas da Arquitectura recente, das que lamentablemente levamos demasiadas perdas nos tempos recentes.

La Xunta de Goberno del COAG, reunida en sesión 1/2017 de 18 de enero, celebrada en Santiago de Compostela, teniendo conocimiento del derribo de la Casa Guzmán del maestro Alejandro De La Sota, acordó por unanimidad emitir la siguiente declaración:

Declaración do COAG ante o Derrubo da “Casa Guzmán” de Alejandro de la Sota

La Xunta de Goberno del COAG viene, en nombre de los arquitectos gallegos y de la Arquitectura, en manifestar públicamente la indignación del colectivo por el derribo de la casa Guzmán, obra del arquitecto gallego Alejandro De La Sota, en cuanto supone una grave pérdida de nuestro patrimonio arquitectónico contemporáneo y la desaparición de una obra singular, ejemplo significativo del posicionamiento de su autor en las líneas de vanguardia del Movimiento Moderno.

Desde el COAG lamentamos la falta de diligencia en la protección del Patrimonio que representa la Arquitectura moderna y contemporánea de España, más allá de una consideración por antigüedad. Los Colegios de Arquitectos tenemos una responsabilidad hacia nuestra cultura y nuestra sociedad, y también por ello exigimos de las administraciones acciones urgentes de protección de estas piezas emblemáticas da Arquitectura reciente, de las que lamentablemente llevamos demasiadas pérdidas en los tiempos recientes.

Compartir