O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) remitiu unha consulta á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo en relación coa en relación á interpretación do artigo 40 da Lei 2/2016 do Solo de Galicia relativo ás edificacións tradicionais.; ao detectarse a existencia de criterios interpretativos distintos en diferentes concellos o que, por tal motivo, están a dificultar o traballo dos profesionais.
A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo dou contestación ao COAG mediante un informe de data 15/06/2021 sobre a interpretación do artigo 40 Lei 2/2016 sobre as edificacións tradicionais a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo informa sobre a cuestión dun xeito moi completo abordando os distintos aspectos a ter en conta, como: o concepto de edificación tradicional, medios de proba da existencia da edificación tradicional, grao de conservación da edificación tradicional, características esenciais a manter nas intervencións, obras permitidas e parámetros urbanísticos, usos admisibles, posibilidade de aplicación do réxime xurídico xeral do solo rústico ou do solo de núcleo rural, respectivamente e a relación co artigo 90 relativo ao réxime de fóra de ordenación.
Pode consultarse o contido íntegro da contestación da Dirección Xeral no seguinte ENLACE