Por Resolución Presidencial de 4 de outubro de 2017, estimouse parcialmente o RECURSO DE REPOSICIÓN interposto con data de 25 de setembro de 2017, contra a convocatoria e as Bases reguladoras do “Concurso de Ideas, con intervención de Xurado, para a selección de tres propostas de estudo técnico que serva de base para a redacción do proxecto construtivo dunha ponte para peóns e bicicletas sobre o Río Miño, entre os Parques Espazo Fortaleza en Goián-Tomiño (España) e o Castelinho en Vila Nova de Cerveira (Portugal), no marco do Proxecto 0044_VISIT_RIO_MINHO_1_P, cofinanciado polo FEDER (75%) dentro da primeira convocatoria de axudas do programa operativo de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal (POCTEP) 2014-2020 INTERREG V A.”.