Convocatoria dun proceso de selección para a contratación da realización de traballos vinculados á actualización das fichas de servidumes e límites de dominio

5 Jul 2021

Tal e como se anuncia na Circular 13 2021, procedeuse á convocatoria dun proceso de selección para a contratación, en réxime de arrendamento de servizos, dun/dunha arquitecto/a para realizar traballos vinculados á actualización das fichas de servidumes e límites de dominio.

O COAG ten a disposición dos colexiados unhas fichas sintéticas onde se recollen, de forma gráfica, os principais condicionantes derivados das servidumes e límites de dominio segundo a lexislación estatal e galega. En relación con estas fichas, sería necesario realizar as seguintes tarefas:

  1. Actualización e maquetación das fichas para proporcionarlles un formato máis facilmente lexible que o que tiñan as anteriores. En formatos A3 e A4.
  2. Actualización dos documentos de síntese e cumprimento legal da normativa realizando o análise da normativa actual e da elaboración dos contidos, e
  3. Tradución dos documentos anteriores ao galego/castelán.

Por tal motivo, a Xunta de Goberno, na súa sesión 6/2021 de 17 de xuño, acordou convocar un proceso de selección para a contratación, mediante un contrato de arrendamento de servizos, dun arquitecto/a para realizar os traballos vinculados á actualización das fichas de servidumes e límites de dominio.

O prazo de inscrición rematará ás 13:00 horas do vindeiro 8 de xullo de 2021.

ENLACE Á CIRCULAR 13 2021.

Compartir