O COAG recorre en apelación a sentenza nº 00021/2026, de 5 de febreiro de 2026 do Xulgado Contencioso Administrativo nº 3 de A Coruña que desestima o recurso contencioso administrativo presentado polo COAG en impugnación das bases do proceso selectivo para persoal funcionario interino para prazas de arquitecto/a nos concellos da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes.

Relacionado: 14-05-2025 O COAG presenta recurso de reposición en impugnación das bases do proceso selectivo da Deputación da Coruña para persoal funcionario interino para prazas de arquitecto/a nos concellos da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes....

O Xulgado Contencioso Administrativo Nº 1 de Pontevedra, mediante sentenza 43/2026, de 23 de febreiro, de estimación parcial do recurso contencioso administrativo interposto polo COAG en impugnación dos pregos da licitación do Concello de Meaño para a contratación do servizo de redacción do proxecto de «execución dun acceso de mobilidade peonil, próximo ao bordo costeiro en sexiños».

Os principais motivos do recurso foron algúns dos criterios de adxudicación: Por unha banda o feito de valorar a titulación de «Técnico Ágora» da Diputación de Pontevedra como criterio de axjudicación e non valorar outras formacións análogas impartidas por outras...