Criterio interpretativo da Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo sobre as obras permitidas en edificacións incursas no réxime de fóra de ordenación

26 Mar 2024

El Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) remitió una consulta a la Comisión Permanente de la Xunta Consultiva en Materia de Ordenación del Territorio y Urbanismo en relación a la interpretación de las «obras necesarias para el mantenimiento del uso preexistente» permitidas en edificaciones incursas en el régimen de fuera de ordenación.

Consulta:

Segundo o art. 90 da Lei 2/2016 do solo, nas construcións en réxime de fóra de ordenación “só poderán realizarse obras de conservación e as necesarias para o mantemento do uso preexistente, debendo renunciar expresamente os propietarios ao incremento do valor expropiatorio”. Dentro desas obras necesarias para o mantemento do uso preexistente pódense permitir as obras de mellora da eficiencia enerxética, como pode ser instalar un sistema de illamento polo exterior -SATE- ou substituír as instalacións térmicas do edificio? E as obras que melloran a funcionalidade como redistribuír as vivendas por dentro ou instalar un ascensor nun edificio que non o ten?

A Comisión Permanente da Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo, en sesión do vinte e sete de febreiro de dous mil vinte e catro, adoptou o “Informe sobre obras permitidas en edificacións incursas no réxime de fóra de ordenación», que conclúe:

1. A Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo ten entre as súas funcións a interpretación da normativa vixente en materia de ordenación do territorio e urbanismo, pero non pode resolver por vía de informe cuestións relativas a expedientes concretos de competencia municipal, de conformidade co disposto no artigo 16 do Decreto 36/2022, do 10 de marzo.

2. Corresponde ao concello respectivo, no marco do procedemento relativo ao outorgamento do correspondente título habilitante municipal de natureza urbanística, valorar se as obras de mellora da eficiencia enerxética, de distribución interior dunha edificación e de instalación dun ascensor nun edificio que carece do mesmo poden considerarse obras de conservación e as necesarias para o mantemento do uso preexistente, á vista da documentación técnica obrante no expediente e as demais circunstancias concorrentes.

3. Sen prexuízo do anterior, semella que as obras de instalación dun sistema de illamento polo exterior (SATE)- ou substitución das instalacións térmicas dun edificio e de instalación dun ascensor nun edificio que carece del estarían amparadas polo artigo 90.1 da LSG.

As obras de redistribución interior das vivendas poderán permitirse cando resulten necesarias para satisfacer os requisitos básicos da edificación relativos á funcionalidade regulados especificamente no Decreto 29/2010, do 4 de marzo, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia.

Acceso á Contestación da Xunta Consultiva

Compartir