Presentación da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia RIS3 2021-2027

22 Mar 2023

O vindeiro 28 de marzo, ás 11,30 h., celebrarase o evento de presentación da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021-2027 e do Programa Galicia FEDER 2021-2027, nun encontro organizado conxuntamente pola Vicepresidencia primeira e consellería de Economía, Industria e Innovación e a Consellería de Facenda e Administración Pública.

O evento contará coa participación do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, do Conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, ademais de diversas autoridades do Ministerio de Ciencia e Innovación, Ministerio de Facenda e Función Pública e da Comisión Europea. Tamén se celebrará unha mesa redonda con axentes de I+D+i para analizar as oportunidades que ofrece esta nova estratexia.

Compartir