Mesa de debate «Antonio Palacios. Unha visión calidoscópica»

26 Feb 2024

O mércores 6 de marzo, ás 19:00 horas, na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a mesa Antonio Palacios. Unha visión calidoscópica, na que intervirán o historiador e arqueólogo Felipe Senén López Gómez, e os arquitectos Miguel Abelleira, Antonio Río Vázquez, Ricardo Sánchez Lampreave e José Luis Varela Alén.  

Síntese

A mesa de debate Antonio Palacios. Unha visión calidoscópica quere ser unha celebración, e tamén unha visión complementaria, da exposición que presenta o Concello da Coruña en Palexco, Antonio Palacios. El rumor de la historia, el ruído del tiempo, comisariada polos profesores Ricardo Sánchez Lampreave e José L. Varela Alén. Unha mostra que ofrece unha copiosa selección de obras e proxectos do insigne arquitecto galego para celebrar o sesquicentenario do seu nacemento en O Porriño. E unha mostra, que ven ser, ademais, a primeira que celebra este aniversario en Galicia. A exposición, exclusivamente de debuxos, pretende evidenciar o alcance e os logros da que pode considerarse, sen ningunha dúbida, a principal ferramenta de indagación e expresión do arquitecto, os seus debuxos, xunto á capacidade dos mesmos para aprehender a realidade e para avanzar o imaxinado, o que aínda non existe, na mente do seu pensador.

As intervencións dos cinco profesores abundarán no interese por mostrar a inequívoca condición fragmentaria da obra de Palacios, abordando diferentes aspectos aparentemente inconexos.

Planta do Mosteiro da Visitación, Salesas Reais, Teis, Vigo. © Arquivo Alberto de Cominges Molins, Vigo

Miguel Abelleira Dolán, doutor arquitecto formado na ETSAC-UDC, profesor da área de Composición e director de la ETSAC.

Felipe Senén López Gómez, doutor en Filosofía e Letras, especialidade de Historia del Arte na USC, arqueólogo e escritor galego, autor de varios libros sobre a identidade cultural galega.

Antonio Río Vázquez, doutor arquitecto formado na ETSAC-UDC, profesor da área de Composición e director da Comunicación da ETSAC.

Ricardo Sánchez Lampreave, doutor arquitecto formado na ETSAM-UPM, comisario da exposición Antonio Palacios. El rumor de la historia, el ruído del tiempo.

José L. Varela Alen, doutor arquitecto formado na ETSAC-UDC, comisario da exposición Antonio Palacios. El rumor de la historia, el ruído del tiempo.

DATA:

Mércores 6 de marzo de 2024 – 19:00 horas

LUGAR:

COAG A Coruña

Rúa Federico Tapia, 64, 15005 A Coruña

COLABORAN:

Asociación cultural Flor de Santiago

 

 

 

Compartir