4º Encontro Internacional do Proxecto AtlaS.WH da Área Atlántica

21 Nov 2019

O vindeiro 28 de novembro, terá lugar en Santiago de Compostela este encontro, baixo o título «Xestión e estratexias para unhas cidades históricas vivas e sustentables. A Área Atlántica como exemplo».

Nesta sesión vaise presentar o documento que debuxa a metodoloxía para a redacción de planes de xestión sustentable das ciudades Patrimonio da Humanidade, a partir dos retos: gobernanza, turismo, poboación.

O Consorcio de Santiago participa no proxecto europeo “AtlaS-WH”, centrado na sostibilidade das Cidades Patrimonio da Humanidade incluídas na Área Atlántica. O papel de Santiago centrarase en estudar os plans estratéxicos e o planeamento urbano de cada unha das cidades participantes nesta iniciativa. Este estudo previo servirá de punto de partida para crear a metodoloxía para o Modelo de Sostibilidade e Gobernabilidade de sitios Patrimonio Mundial na Área Atlántica.

O proxecto AtlaSWH ten por obxectivo crear unha rede de sitios urbanos Patrimonio Mundial, ocupándose de desafíos comúns de protección da súa identidade, de valoración do seu patrimonio cultural, coa fin do desenvolvemento cultural e económico impulsado polo patrimonio. O resultado principal será o desenvolvemento dun Plan de Sostibilidade de cada sitio, coa implantación dun modelo integrado e participativo de xestión e monitorización, a construcción común dunha metodoloxía e o intercambio de coñecementos e mellores prácticas.

Día: 28 de novembro de 2019.

Lugar: Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago de Compostela. Parque de Vista Alegre, Rúa Salvadas, s/n.

Idioma oficial: Inglés.

Entrada libre.

Programa:

14:30 – Apertura da sesión. Santiago de Compostela

Mercedes Rosón Ferreiro. Concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e acción cultural.

14:45 – AtlaS-WH: contexto xeral e obxectivos.

Sofia Alves. Diretora do Departamento Municipal de Gestão Cultural. Câmara Municipal do Porto.
Diagnóstico.

Belén Hernández. Consorcio de Santiago.

15:10 – Estudo sobre os desafíos comúns.

Chiara Bocchio, Laboratorio da Cidade Patrimonial, obradoiro permanente da Oficina UNESCO de Florencia e da Universidade de Florencia.

15:40 – Pausa café.

15:55 – Metodoloxía para a estratexia de xestión e sustentabilidade.

Raquel Maia, Administradora executiva de Porto Vivo, SRU. Executive Administrator of Porto Vivo, SRU.

Isabel Breda Vázquez, Paulo Conceição e Fernando Brandão Alves, FE da Universidade de Porto.

17:30 – Fin dos traballos.

 

Máis información neste ENLACE.


4º Encuentro Internacional del Proyecto AtlaS.WH del Área Atlántica

El próximo 28 de noviembre, tendrá lugar en Santiago de Compostela este encuentro, bajo el título «Gestión y estrategias para unas ciudades históricas vivas y sostenibles. El área Atlántico como ejemplo».

En esta sesión  aise presentar el documento que dibuxa la metodología para la redacción de planes de gestión sostenible de las ciudades Patrimonio de la Humanidad, a partir de los retos: gobernanza, turismo, población.

El Consorcio de Santiago participa en el proyecto europeo “ATLAS- WH”, centrado en la sostenibilidad de las Ciudades Patrimonio de la Humanidad incluidas en el Área Atlántico. El papel de Santiago se centrará en estudiar los planes estratégicos y el planeamiento urbano de cada una de las ciudades participantes en esta iniciativa. Este estudio previo servirá de punto de partida para crear la metodología para el Modelo de Sostenibilidad y Gobernabilidad de sitios Patrimonio Mundial en la Área Atlántica.

El proyecto AtlaSWH tiene por objetivo crear una red de sitios urbanos Patrimonio Mundial, ocupándose de desafíos comunes de protección de su identidad, de valoración de su patrimonio cultural, con el fin del desarrollo cultural y económico impulsado por el patrimonio. El resultado principal será el desarrollo de un Plan de Sostenibilidad de cada sitio, con la implantación de un modelo integrado y participativo de gestión y monitorización, la construcción común de una metodología y el intercambio de conocimientos y mejores prácticas.

Compartir