|
|
|
|
|
Sentencia del Tribunal Supremo sobre la titulación necesaria para cambios de uso comercial a vivienda |
|
|
| El Tribunal Supremo ha dictado la sentencia con número de resolución 700/2026, en la que determina que las intervenciones en edificios existentes que alteren la configuración arquitectónica o tengan por objeto modificar los usos característicos de un edificio destinado a uso comercial para convertirlo en uso residencial requieren un proyecto que debe ser redactado por un arquitecto. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Apertura da inscrición na base de datos DATACOAG |
|
|
| O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia informa da creación dunha base de datos orientada ao uso profesional co obxectivo de facilitar a todas a persoas colexiadas dar a coñecer a súa experiencia no eido do urbanismo. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Petición de colaboración sobre o servizo @coag.es |
|
|
| O COAG está analizando a evolución futura do servizo @coag.es, actualmente prestado sobre a plataforma Google Workspace. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Actuacións en defensa da profesión |
|
|
| O COAG, en defensa das competencias da profesión, presenta recurso contencioso administrativo, en impugnación das bases específicas da convocatoria de EMVSA (Empresa Municipal de Vivienda, Servicios y Actividades, S.A. de A Coruña) para a contratación temporal e constitución dunha bolsa de emprego, para prover diversas prazas, entre elas 1 praza de “Arquitecto Superior ou Técnico”. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Dispoñible a gravación do Espazo de Lectura A de Arquitectas – Cuarta sesión: Sancti Spiritus |
|
|
| Está dispoñible en CanalCOAG a gravación do espazo de lectura A de arquitectas, que chega a Galicia con ‘Sancti Spiritus’, da arquitecta e fotógrafa Ana Amado. O COAG acolleu o 18 de xuño no Náutico de San Vicente do Mar, unha nova sesión deste ciclo impulsado polo CSCAE que percorre as bibliotecas e delegacións dos distintos Colexios de Arquitectos do territorio nacional. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Conferencia do arquitecto chino ZHANG PENGJU |
|
|
| Hoxe martes 30 de xuño, ás 19:00 horas, na delegación da Coruña, terá lugar a conferencia: Arquitectura enraizada na terra: construír desde o lugar, que será impartida por unha das figuras máis relevantes da arquitectura asiática contemporánea, o arquitecto chino Pengju Zhang, Medalla de Ouro do Consello Rexional de Arquitectos de Asia (ARCASIA) e Premio Aga Khan de Arquitectura. A conferencia será impartida en chino e contará con tradución simultánea. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Conferencia Lopez Rivera – Ciclo Próximos 2026 | 2 de xullo |
|
|
| A delegación de Santiago anuncia que o xoves 2 de xullo terá lugar a primeira das conferencias do ciclo Próximos 2026, que como protagonista o estudo López Rivera Arquitectos que nos falarán da súa obra recente, que abarca dende proxectos de obra pública ata encargos privados. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Conferencia Fuertes Penedo Arquitectos – Ciclo Próximos 2026 | 9 de xullo |
|
|
| Dende a delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos comprácenos anunciar o segundo relatorio do ciclo Próximos 2026, que terá lugar o vindeiro xoves 9 de xullo. Nesta ocasión, os protagonistas serán o estudo Fuertes Penedo Arquitectos, quen nos falarán da súa forma de entender a intervención sobre o territorio, a través dunha selección da súa obra. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Últimos días para presentarse ao Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2026 na categoría “Patrimonio construído e a súa contorna” |
|
|
| O prazo para presentar candidaturas ao Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2026, na categoría “Patrimonio construído e a súa contorna”, finaliza o próximo venres, 3 de xullo. A convocatoria busca recoñecer proxectos de recuperación e posta en valor do patrimonio construído e a súa contorna paisaxística. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|