|
|
|
|
|
Recordatorio de finalización do prazo da II Edición dos Premios de Arquitectura “PRÓXIMOS” 2026 |
|
|
| O prazo de presentación de candidaturas para a II edición dos Premios de Arquitectura Próximos 2026, organizados pola Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, finalizará ás 14:00 horas do día 31 de marzo de 2026. Nas vindeiras semanas iniciarase o proceso de revisión e valoración das propostas presentadas por parte do Xurado. Unha vez finalizada esta fase, daranse a coñecer as candidaturas seleccionadas e a información relativa ao acto de entrega dos diplomas. Animamos a todas as persoas interesadas a presentar as súas candidaturas antes da finalización do prazo. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Convocatoria aberta de procura de proxectos para o nº 36 de Obradoiro_ Prospectiva II: URBANIDADES |
|
|
| Urbanidades constitúe o segundo volume da serie Prospectivas, o proxecto editorial co que a revista Obradoiro recupera a súa actividade cunha mirada orientada ao futuro do territorio galego. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Inauguración da Exposición FETSAC X COAG |
|
|
| Hoxe mércores 25 de marzo, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a inauguración da exposición: FETSAC x COAG: Unha historia proxectada en 18 anos. Na mostra, que poderá visitarse dende o 25 de marzo do 2026 na sede colexial, amosaranse imaxes, vídeos, fotografías e carteis de todas as edicións do Festival de Arquitectura FETSAC; un festival nacido en 2009, para dar forma a unha iniciativa cultural, colectiva, transgresora, xenerosa, e entusiasta, organizada por diferentes grupos de estudantes da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC) que ano a ano van tomando o relevo e que volverán reencontrarse no contexto deste 18 aniversario da creación da FETSAC. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso_”Instalacións de iluminación” |
|
|
| As instalacións de iluminación nos edificios satisfán as esixencias de seguridade baixo criterios de utilización segundo o uso destinado a estes. Un deseño adecuado das instalacións de iluminación, atendendo ademais a solucións de iluminación natural facilitan, non só seguridade, senón tamén confort visual, contribuíndo ao estado de ánimo e saúde dos ocupantes, á estética e caracterización dos espazos e ao aforro enerxético. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Charla informativa sobre oferta pública de adquisición de locais no Concello de Ourense |
|
|
| Dende a Xunta de Galicia convídannos a participar nesta charla, que terá lugar o vindeiro xoves 26 de marzo, ás 12:30 horas, na Delegación da Xunta de Galicia en Ourense (Avda. da Habana, 79). Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
#COAGconta: Caso de éxito de reforma da envolvente e integración do antigo edificio de Espellos en San Caetano |
|
|
| O mércores 8 de abril ás 12:00h o COAG celebra outra xornada sobre casos de éxito de intervención sostible coa reforma da envolvente e integración do antigo edificio de “Espellos” en San Caetano, obra de Lucas Díaz Sierra e Gustavo Díaz García. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Concello de Fene – Unha praza de Arquitecto/a |
|
|
| No BOE de 25 de marzo publícase o anuncio da resolución de 17 de marzo de 2026 do Concello de Fene (A Coruña), referente á convocatoria dunha praza de Arquitecto/a polo sistema de oposición en turno libre. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Infoconstrucción y DPArquitectura organizan una nueva edición de sus Jornadas Profesionales en Santiago de Compostela el 9 de abril |
|
|
| Entidad organizadora: Infoconstrucción y DPArquitectura. El próximo día 9 de abril las y los profesionales de la construcción tienen una importante cita en Santiago de Compostela. Arquitectos, arquitectos técnicos, constructores e instaladores podrán conocer de manera presencial las características de interesantes y novedosos productos y servicios para la arquitectura y la construcción en general. La cita comienza a las 9:00 horas y tendrá lugar en el Hotel Santiago Plaza Coruña (Rúa do Restollal, 24). Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|