 |
|
|
|
|
Enquisa sobre preferencias formativas para 2026 |
|
|
| Co obxectivo de coñecer as vosas preferencias e principais demandas formativas, tanto en cursos de actualización profesional (aprox. menos de 50 horas) como nos #COAGconta, para establecer a programación e contidos a desenvolver durante este próximo ano 2026, acabamos de habilitar a enquisa sobre preferencias formativas. Ademais, inclúense algunhas cuestións de tipo organizativo que nos resultan de gran utilidade para aliñar as modalidades, formatos, horarios, dedicacións etc., coas vosas preferencias. A enquisa é breve e anónima. Coñecer as vosas opinións e preferencias resulta especialmente importante para nós para mellorar o enfoque e a organización das actividades formativas que programamos, así como para promover novos cursos nas liñas que propoñedes. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso de Aplicación práctica do DBSI e RSCIEI (adaptado ás modificacións de marzo de 2025) |
|
|
| Este curso propón unha revisión áxil, práctica e actualizada do DB SI, axudando a resolver con seguridade as dúbidas que xurden ao aplicalo tanto a proxectos básicos e de execución para uso residencial vivienda ou terciarios de calquera escala, incluíndo a súa posible tramitación como actividade. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
HABITAR EN COOPERATIVA. O FUTURO DA VIVENDA: Conferencia e debate aberto á cidadanía |
|
|
| Hoxe mércores 15 de outubro, ás 17:30 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia e debate titulada: HABITAR EN COOPERATIVA: O FUTURO DA VIVENDA. Unha conferencia e debate cos colexiados/as e coa cidadanía, na que participarán, como relatores, o arquitecto Ramón Fernández Sánchez e a experta Carmen Pérez de la Cruz, membros respectivos das cooperativas de vivenda en cesión de uso denominadas: OUTRA FORMA DE VIVENDA e ALVARIZA. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Conferencia “O secuestro da vivenda” |
|
|
| Hoxe mércores 15 de outubro, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: O SECUESTRO DA VIVENDA. Por que é tan difícil ter casa e como isto pode romper a sociedade, impartida polo investigador de referencia neste ámbito, Jaime Palomera, Doutor en Antropoloxía Económica da Universitat de Barcelona e investigador, e fundador, do Institut de Recerca Urbana de Barcelona (IDRA). Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
#COAGconta: Casos prácticos a nivel medio de IA e TIC |
|
|
| Este xoves 16 de outubro ás 13:00 horas, Sergio Manes (arqMANES), arquitecto, docente e divulgador dixital, ensinaranos novos casos prácticos de uso da intelixencia artificial. Este #COAGconta estrutúrase en dous bloques complementarios, que responden ás distintas fases do proceso de deseño. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Día Mundial da Arquitectura 2025 – Illa de Arousa – Manuel Gallego Jorreto |
|
|
| A Delegación de Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrará o Día Mundial da Arquitectura o vindeiro venres, 17 de outubro, cunha visita á Illa de Arousa para coñecer de preto as obras do arquitecto Manuel Gallego Jorreto situadas na vila. A visita contará coa participación de Pablo Gallego e coa colaboración do Concello da Illa de Arousa. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
XII Congreso Internacional de Ordenación del Territorio (XII CIOT) “Cultura territorial. El futuro no se improvisa” |
|
|
| El XII Congreso Internacional de Ordenación del Territorio (XII CIOT), coorganizado por FUNDICOT y la Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de la Xunta de Galicia, se celebrará en la ciudad de Santiago de Compostela los próximos días 12, 13 y 14 de noviembre de 2025. Este nuevo XII CIOT pretende seguir siendo foro de referencia para la presentación y discusión de las condiciones, avances, prácticas y experiencias en materia de planificación, implementación, evaluación y gestión territoriales; desde diferentes enfoques (natural, patrimonial, urbano, infraestructural, paisajístico, rural, litoral, del desarrollo económico regional…), pero siempre respondiendo a una visión coherente e integrada. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
VERI*FACTU aplicación gratuita de facturación de la AEAT |
|
|
| La AEAT pone a disposición de los contribuyentes una aplicación gratuita de facturación, accesible desde la Sede de la AEAT. Este formulario permite a los contribuyentes generar facturas electrónicas y enviar los registros de facturación directamente a la AEAT, cumpliendo con el reglamento de VERI*FACTU, aprobado por el Real Decreto 1007/2023, de 5 de diciembre, que regula los requisitos de los Sistemas Informáticos de Facturación. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Concurso para a construción do novo “Parque Deportivo Inclusivo Porto do Molle” no concello de Nigrán (Pontevedra) |
|
|
| O Concello de Nigrán pon en marcha un concurso de proxectos en dúas fases, con xurado que se desenvolverá en dúas fases (ideas e anteproxectos), para a construción do Parque Deportivo inclusivo de Porto do Molle. O Concello de Nigrán considerou axeitada a colaboración do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia dada a súa representación da profesión do Arquitecto na comunidade galega, sendo o obxecto do concurso un ámbito de competencia da devandita profesión. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Novas Bases do Concurso internacional para a redacción do “Máster Plan Coruña Marítima” |
|
|
| Infórmase aos colexiados/as da publicación das novas Bases do Concurso internacional para a redacción do “Máster Plan Coruña Marítima”, tras ser anuladas as anteriores polo Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuales (TACRC) que dispuxo a retroacción do procedemento ao momento anterior á aprobación dos pregos do concurso, impugnados por 12 colexiados/as, a ETSAC e o COAG. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|