 | | | | | Presentación da nosa Aplicación para a Organización de Concursos de Proxectos de Arquitectura |
| | O vindeiro mércores 2 de xullo, ás 11:30 horas, terá lugar no Museo do Pobo Galego (San Domingos de Bonaval, s/n. Santiago) a presentación de PAUTA, a aplicación elaborada polo Colexio para a Organización de Concursos de Proxectos de Arquitectura. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| | Foros Grial. Impacto social da ciencia e da tecnoloxía |
| | Este xoves 26 de xuño, a partir das 16:00 h., terá lugar na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia unha das edicións do "Foro Grial. Galicia 2050", co que se celebra o 75 Aniversario da Editorial Galaxia. Este foro é un escenario de "reflexión e debate" que ten por "obxectivo ofrecer prospeccións, ideas e propostas, adiantando tendencias de futuro nunha serie de ámbitos chave da sociedade e da cultura, situándoas en Galicia na data simbólica de 2050". Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| | Xornadas "Tejidos al límite, la planificación como herramienta ante el riesgo". Ourense 26-28 xuño |
| | A AGAU (Agrupación Galega de Arquitectos e Arquitectas urbanistas) do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para celebrar a súa recente creación, coa colaboración da delegación de Ourense, ofreceuse para acoller as asembleas nacionais da Agrupación Nacional de Arquitectos e Arquitectas urbanistas (UAAU) e da Agrupación de Técnicos Urbanistas (AETU) colaboradores tamén do evento. Neste contexto, realizaranse unhas xornadas paralelas a estas asembleas para reflexionar sobre os novos retos aos que se enfronta a disciplina do urbanismo. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| | Taller de arquitectura “En la orilla”. 11-19 de xullo |
| | O taller está coordinado por Juan Creus e Covadonga Carrasco e contará coa participación de Emilio Tuñón + Andrés Regueiro (TUÑÓN + ALBORNOZ Arquitectos) / Mireia Luzárraga + Alejandro Muiñou (TAKK Architecture) / Ángela García de Paredes + Ignacio Pedrosa + Luis G. Pachón (PAREDES PEDROSA Arquitectos) / Mariña Otero + Ippolito Pestellini / Juan Creus + Covadonga Carrasco (CREUSeCARRASCO Arquitectos). O obxectivo é indagar sobre o paradigma sostible utilizando como campo de traballo e residencia a illa de San Simón na ría de Vigo. Enlace á noticia. |
|
|
|
| | Concurso de proxectos para reformular e planificar fachada marítima Concello da Pobra do Caramiñal (A Coruña) |
| | O obxecto do concurso de ideas a nivel de anteproxectos, aberto e con intervención de xurado, consiste en definir as estratexias de ordenación do espazo público da fronte marítima da Pobra do Caramiñal, prestando especial atención á zona do mercado semanal. Concurso participado polo COAG. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| | Concurso de proxecto do edificio das entidades sociais do concello de Carballo e a súa comarca |
| | Publicado na web de contratación do estado, o anuncio do Concurso de proxectos, de forma anónima coa intervención do Xurado, mediante un procedemento. en dúas fases, a nivel de ideas previas e anteproxectos, co fin de seleccionar a mellor proposta arquitectónico do proxecto do edificio das entidades sociais do concello de Carballo (A Coruña) e a súa comarca de 1.620 m2. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| | Convocado o Concurso Internacional para a Iluminación Artística da contorna da Catedral de Santiago de Compostela |
| | O Concello de Santiago de Compostela acaba de convocar un Concurso Internacional de Iluminación Ornamental e Artística para a contorna monumental da Catedral. O concurso enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística de Santiago promovido polo Concello, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo. O obxectivo é crear unha iluminación emocional, calmada, saudable e integrada, que reforce a experiencia nocturna sen alterar a excepcional identidade do espazo. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| | Convocatoria Concurso de Proyectos de Programación – La Casa de la Arquitectura 2025 |
| | Desde el Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana, se abre la nueva edición del Concurso de Proyectos de Programación de la Casa de la Arquitectura 2025. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| | Anuncio de publicación das Bases do Concurso internacional para a redacción do “Máster Plan Coruña Marítima” |
| | Informámoste de que está aberto o prazo, que durará até o 1 de agosto, para presentar solicitudes de participación no Concurso Internacional para a realización do “Máster Plan Coruña Marítima”. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| | GUÍA DE APLICACIÓN DO CÓDIGO ESTRUTURAL Á EDIFICACIÓN. FORMIGÓN ARMADO. |
| | O MIVAU acaba de publicar a Guía de aplicación do Código Estrutural á edificación. Formigón armado, o que representa unha oportunidade para promover un mellor coñecemento e aplicación da normativa vixente. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| | Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de xuño de 2025 |
| | No apartado da zona de normativa da web colexial, na súa marxe esquerda, os subscritores do servizo de Normativa, poden acceder á Normativa e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de xuño de 2025 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP’s provinciais, así como en trámite de avaliacións ambientais estratéxicas abertas, e o planeamento urbanístico. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| | MP Software Técnico: oferta ZWCAD e ARCHLINE |
| | A Xunta de Goberno, na súa sesión 4/2025 do 13 de marzo, acordou aceptar a proposta de MP Software Técnico, S.L., distribuidor oficial de Cadline Ltd-Archline en España e de ZWSoft en España, de ofrecer aos socios do COAG un desconto na adquisición de licenzas dos programas ARCHLINE e ZWCAD. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| | | | | Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 | |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|