 |
|
|
|
|
Arquitectura para un mundo mellor. 50 anos COAG |
|
| O vindeiro sábado 5 de outubro, ás 18:00 horas, no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela, terá lugar un acto institucional de celebración do 50 aniversario da creación do COAG. Hai pouco mais de medio século que un grupo de arredor de 100 colexiados e colexiadas iniciaron o camiño do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Agora, no final dos actos conmemorativos deste 50 aniversario, a Xunta de Goberno, en nome de todos e todas os colexiados e colexiadas actuais, quere ter un recoñecemento para todos eles. Neste acto procederase tamén á entrega da terceira edición do premio “Arquitectura para un mundo mellor” a Santiago Martínez Otero (Chago), polo seu traballo en “Forxa Chago”. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Importante Sentenza do Tribunal Supremo: os arquitectos son os únicos profesionais que poden informar sobre urbanismo no ámbito da Administración |
|
| O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) informa que o Tribunal Supremo, na súa sentenza 1132/2024 do 26 de xuño de 2024, declarou que a emisión de informes relacionados coa intervención na edificación, expedientes en ruína, control da legalidade urbanística e patrimonio, teña que ser realizada por arquitectos. Así, o COAG amosa a súa satisfacción coa declaración do alto tribunal que está en liña cos valores do colectivo de “defensa do desempeño profesional dos arquitectos”. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Tal e como se informa na Circular 15 2024, publícase o Resultado das eleccións á Xunta Directiva da Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos Urbanistas do COAG. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Conferencia CHAGO: «O Ferreiro de Compostela» |
|
| Dende a delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos comprácenos anunciar que o vindeiro venres 4 de outubro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago, terá lugar a conferencia “O FERREIRO DE COMPOSTELA” impartida por Santiago Martínez Otero, coñecido polo seu traballo en “Forxa Chago”. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Taller de cine VIVIR RODANDO ARQUITECTURAS |
|
| VIVIR RODANDO ARQUITECTURAS TALLER DE CINE co Director ALFONSO ZARAUZA + CHOCOLATADA COLEXIAL VENRES 4 DE OUTUBRO De 17:00 a 21:30 Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enquisa sobre preferencias formativas para 2025 |
|
| Atópase dispoñible a enquisa sobre preferencias formativas para este próximo ano 2025. O obxectivo deste cuestionario é coñecer as vosas preferencias e principais demandas formativas, de cara a establecer a programación e contidos a desenvolver durante o ano 2025 tanto en cursos de actualización profesional (aprox. menos de 50 horas) como en cursos de especialización. Ademais, inclúense algunhas cuestións de tipo organizativo que nos resultan de gran utilidade para aliñar as modalidades, formatos, horarios, adicacións, etc., coas vosas preferencias. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Plan de formación último cuatrimestre 2024 |
|
| En relación coas actividades formativas propias do COAG, atópanse dispoñible para os colexiados a información sobre as liñas temáticas e planificación de accións formativas para o último cuatrimestre do 2024. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Informe sobre as axudas á vivenda |
|
| Actualizado 02 | 10 | 24 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios de vivendas. Este informe pretende recoller todas aquelas de especial interese para o traballo do arquitecto e os usuarios finais. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Estudo ANDRES TOUCEDA ARQUITECTOS, con sede en VIGO selecciona arquitecto/a para redacción de proxectos de obra nova e rehabilitación. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de setembro 2024 |
|
| No apartado da zona de normativa da web colexial, na súa marxe esquerda, os subscritores do servizo de Normativa, poden acceder á Normativa e acordos de interese publicados no mes de setembro de 2024 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP’s provinciais, así como en trámite de avaliacións ambientais estratéxicas abertas, e o planeamento urbanístico. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|