Colexio | Emprego | Eventos
Colexio
Modificación da Convocatoria de selección dun equipo que redacte e execute un proxecto de reparación da Casa da Conga
| Publicación: 24 de xaneiro |
|
 |
Remitida a convocatoria dun proceso de selección dun equipo para a realización, en réxime de arrendamento de servizos, das obras requiridas polo departamento de inspección e disciplina urbanística do Concello de Santiago en relación cos inmobles en Praza da Quintana, 1 e 3, así como os termos da mesma, recibíronse suxestións de melloras na mesma por parte dalgúns colexiados.
Enlace á noticia. |
Proxima apertura de matrícula no Curso Superior de Técnico de Urbanismo COAG-EGAP 2024 2025
| Publicación: 24 de xaneiro |
|
 |
Nos próximos días publicarase no DOG a convocatoria oficial da edición 2024-2025 do Curso Superior de Técnico de Urbanismo que, novamente, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza en colaboración coa EGAP. Este curso ten como obxectivo que os alumnos adquiran os coñecementos teórico-prácticos e habilidades que lles capaciten para actuar no mundo da ordenación do territorio e do urbanismo e responsabilizarse dos procesos de xestión do solo. Para ese efecto se parte da análise e do estudo pormenorizado da normativa de ordenación do territorio e urbanística, con especial atención á autonómica galega, combinando o estudo dos fundamentos teóricos cunha completa formación práctica que se fai imprescindible no ámbito da ordenación do territorio e do urbanismo.
Enlace á noticia. |
#COAGconta Estudo Xeotécnico
| Publicación: 22 de xaneiro |
|
 |
Estimad@s compañeir@s.
Dende os servizos de asesoría técnica do COAG, comprácenos presentarvos o novo ciclo de xornadas informativas #COAGconta, que teñen como obxectivo aclarar e debater dúbidas e cuestións de diferentes temáticas relacionadas co exercicio da profesión. Moitas delas son temas recorrentes que nos trasladades a través da plataforma de consultas e que nos parece interesante compartir.
Enlace á noticia. |
Ciclo de Conferencias “La Casa Invisible”
| Publicación: 24 de xaneiro |
|
 |
A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos ten o pracer de anunciar unha nova edición do ciclo de conferencias sobre Arquitectura e Saúde: “A CASA INVISIBLE”. Continuamos coa terceira edición do ciclo de charlas A Casa Invisible e, como en anos anteriores, contamos con dous relatores que falarán sobre aspectos non fotografiables que interveñen de forma decisiva na nosa experiencia arquitectónica.
Enlace á noticia. |
Xornadas “ O Territorio de Galicia: Presente e futuro. 2024”
| Publicación: 24 de xaneiro |
|
 |
A delegación de Lugo do COAG organiza un ciclo de conferencias sobre o territorio de Galicia pola transcendencia social e política que ten a súa ordenación.
Enlace á noticia. |
Ciclo de conferencias “La casa invisible” – Javier Neila González
| Publicación: 24 de xaneiro |
|
 |
O vindeiro mércores 31 de xaneiro inaugúrase a III edición do ciclo de conferencias “A Casa Invisible”, que se organiza dende a delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos
Enlace á noticia. |
Ciclo de Conferencias EMER_GENTES / FLU-OR Arquitectura
| Publicación: 12 de xaneiro |
|
 |
O vindeiro día 25 de xaneiro, ás 19.00 horas, iniciamos a 1ª edición do CICLO DE CONFERENCIAS EMER_GENTES, que organiza a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, e que se levará a cabo en dúas xornadas ao longo dos meses de xaneiro e xuño de 2024.
Enlace á noticia. |
Xornada de casos de éxito: Rehabilitación de edificio para hotel
| Publicación: 19 de xaneiro |
|
 |
O xoves 1 de febreiro, de 12:00 a 13:00 horas, o COAG celebra outra xornada sobre casos de éxito de arquitectura sostible coa rehabilitación deste edificio para o Hotel Acouga en Celanova, obra de Candelaria Cecilia López Muiños e Juan José Otero Vázquez
Enlace á noticia. |
Apertura do prazo para a configuración da colexiación 2024
| Publicación: 8 de xaneiro |
|
 |
Infórmase que, segundo se indica na Circular 1 2024, está aberto o prazo para a configuración da colexiación para o exercicio 2024, que rematará o 31 de xaneiro.
Enlace á noticia. |
Emprego
Deputación da Coruña – Axudas do Plan de Emprego Local
| Publicación: 23 de xaneiro |
|
 |
A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ven de convocar as axudas PEL relativas á anualidade 2024:
Enlace á noticia. |
Eventos
ICOMOS-ESPAÑA EN RED Retos y desafíos del Patrimonio Cultural en 2024
| Publicación: 22 de enero |
|
 |
Encuentro dirigido a profesionales del patrimonio cultural y entidades de la sociedad civil implicadas en la protección, conservación y gestión patrimonial.
Enlace a la noticia. |
Univesidade de Vigo: Curso de eficiencia enerxética na rehabilitación de edificios
| Publicación: 17 de xaneiro |
|
 |
Aberta a matrícula para a 3ª edición do curso de posgrao "Eficiencia enerxética na rehabilitación de edificios", da Escola Aberta de Formación Permanente da Universidade de Vigo.
Enlace á noticia. |
|
|