Axenda
Boletín de Información 47 - 2022

Colexio | Emprego | Eventos


Colexio

Conferencia de Alfonso Penela “inTEMPO”

Publicación: 5 de decembro  
A Delegación de Vigo organiza o vindeiro 15 de decembro, ás 19,30 horas na Sala da Delegación, a conferencia “inTEMPO” a cargo de Alfonso Penela.

Ao rematar, servirase un viño e e aproveitaremos para reunirnos nestas datas navideñas.

A entrada é libre, pero é preciso inscribirse a través do seguinte ENLACE.

Enlace á noticia

Arquitecturas Ourensás – Quico Jorreto

Publicación: 5 de decembro  
Xa temos preparada a terceira edición do ciclo de charlas “Arquitecturas Ourensás” nas que descubrimos a arquitectura da provincia da man dos nosos compañeiros e das súas obras. Nesta ocasión, teremos con nós a Quico Jorreto, para amosarnos a súa arquitectura.

Coma sempre, ao remate da charla seguiremos a falar do que máis nos gusta, por suposto a arquitectura, acompañados duns petiscos. Pero nesta ocasión aproveitaremos para despedir o ano, polo que deberedes anotarvos enviando un email a secretario.ourense@coag.es.

Agardámosvos a todos para seguir facendo Colexio.
Enlace á noticia

Aportación de suxestións á Ordenanza Municipal do Concello de Lugo reguladora da tramitación dos títulos habilitantes de natureza urbanística e das actividades

Publicación: 25 de novembro  
O BOP de Lugo nº 257 do pasado 10 de novembro, informa do acordo do pleno do Excmo. Concello de Lugo, en sesión celebrada o 27 de outubro de 2022, acordou aprobar inicialmente a ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA TRAMITACIÓN DOS TÍTULOS HABILITANTES DE NATUREZA URBANÍSTICA E DAS ACTIVIDADES e indica que dita normativa exponse ao público, para que os interesados poderán examinala na páxina Web do concello e presentar as reclamacións e suxestións que estimen oportunas. Entenderase como definitivo o acordo provisional, de non ser presentadas reclamacións durante dito período, procedendo á publicación íntegra do texto da ordenanza.
Enlace á noticia.
 

Aplicacións informáticas para a certificación enerxética dos edificios. MITECO

Publicación: 2 de decembro  
Na web do Ministerio para a transición ecolóxica e o reto demográfico recóllense todos os programas recoñecidos para a Certificación Enerxética de Edificios, tanto os de procedemento xeral como os de simplificado.
Enlace á noticia.
 

Peche da Delegación de Ferrol a semana do 5 ao 9 de decembro

Publicación: 30 de novembro  
Infórmase que, debido a causas de organización interna, as oficinas da Delegación en Ferrol permanecerán pechadas a semana do 5 ao 9 de decembro. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poidan causar.
Enlace á noticia.
 

Guías técnicas de aforro e eficiencia enerxética en climatización. IDAE

Publicación: 29 de novembro  
O IDAE, co fin de incrementar a eficiencia enerxética das instalacións térmicas dos edificios, promoveu a redacción dunha serie de Guías Técnicas dirixidas a proyectistas, instaladores, mantedores, inspectores e usuarios das mesmas.
Enlace á noticia.
 

Aplicación informatica para a elaboración do Libro do Edificio Existente. ICCL

Publicación: 20 de novembro  
Os/as arquitectos/as beneficiaranse da aplicación informatica para a elaboración do Libro do Edificio Existente do Instituto da Construción de Castela e León cun desconto do 24% na suscrición anual.
Enlace á noticia.
 

Acuerdo de colaboración IVE-CSCAE

Publicación:17 de noviembre Hasta el 15 de diciembre
El Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España (CSCAE) y el Instituto Valenciano de la Edificación (IVE) a través de un Acuerdo de colaboración suscrito entre ambas entidades han establecido las condiciones para la promoción y difusión del Pliego General de Condiciones Técnicas en la Edificación y del Pliego General de Condiciones Técnicas en Urbanización, que cumplen con las características y condiciones de la normativa vigente, contando con el desarrollo y control del IVE.
Enlace a la noticia.
 

Emprego

Oferta de emprego

Publicación: 2 de decembro  
Estudo de arquitectura en Ferrol, selecciona arquitecto/a para colaborar nas tareas do estudio completando a súa formación por beca FUAC_FEUGA.
Enlace á noticia

Eventos

XII Congreso DOCOMOMO ibérico “Actuaciones en el Patrimonio Arquitectónico del Movimiento Moderno”

Publicación: 7 de diciembre  
El XII Congreso Docomomo Ibérico, organizado por la Fundación Docomomo Ibérico, la Universidad de Valladolid, el Colegio Oficial de Arquitectos de Castilla y León Este y el Colegio Oficial de Arquitectos de León tendrá lugar en Valladolid del 27 al 29 de septiembre de 2023.
Enlace a la noticia

Xornada “Rehabilitación enerxética e descarbonización de edificios”

Publicación: 5 de decembro  
O vindeiro martes 13 de decembro, terá lugar na Cámara de Comercio de A Coruña esta xornada presencial e de carácter gratuito, dirixida -principalmente- ó sector empresarial da inxeñaría, arquitectura e construcción ou a calquer interesado/a en materia de descarbonización de edificios. Falaremos sobre a importancia de tomar medidas no canto a redución da pegada de carbono dos edificios co obxectivo de minorar o seu impacto no cambio climático.
Enlace a la noticia

 
Boletíns anteriores na web
Facebook
Twitter
Instagram
Youtube

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400