Axenda
Boletín de Información 42 - 2022

Colexio| Emprego | Eventos | Normativa


Colexio

Cursos COAG-EGAP novembro_decembro 2022

Publicación: 28 de outubro  
O itinerario formativo en urbanismo e ordenación do territorio está formado polo Curso de Técnico Superior de Urbanismo, actualmente en desenvolvemento, e unha serie de cursos de 32h, que teñen a consideración de módulos optativos para os alumnos do Curso Superior e que á vez poden cursarse de maneira independente. Este ano, convócanse 3 módulos, cos seguintes programas:
  • Laboratorio de renovación urbana e rexeneración urbanística.
  • Procedemento administrativo e contratación pública no urbanismo.
  • A regulación, xestión e planificación adaptativa da costa.
Enlace á noticia.
 

Xornada de asesoramento en liña sobre o programa de axuda ás actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios

Publicación: 28 de outubro  
O venres 4 de novembro, de 12:00 a 12:30 horas, o COAG celebrará unha nova xornada de asesoramento en formato en liña sobre o programa de axuda ás actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios, UNICO-Edificios.
Enlace á noticia

Fin de plazo do programa de axuda á mellora da accesibilidade en vivendas

Publicación: 2 de novembro  
O vindeiro luns 7 de novembro finaliza o prazo para solicitar as axudas do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas, do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025.
Enlace á noticia

Homenaxe a Xosé Bar Bóo no centenario do seu nacemento

Publicación: 28 de outubro  
O vindeiro venres 4 de novembro, ás 12,30 horas, terá lugar na Delegación de Vigo (rúa Doutor Cadaval, 5), unha Mesa Redonda en homenaxe a Xosé Bar Bóo con motivo do centenario do seu nacemento.
Enlace á noticia
 

Arquitecturas Ourensás – Seara Peleteiro Arquitectos

Publicación: 2 de novembro  
Dende a Delegación de Ourense continuamos cunha nova edición do ciclo de charlas “Arquitecturas Ourensás” nas que descubrimos a arquitectura da provincia da man dos nosos compañeiros e das súas obras. Nesta ocasión, teremos con nós a Berta e Juan, de Seara Peleteiro Arquitectos, para amosarnos a súa arquitectura.
Enlace á noticia
 

Peche da Delegación de Ferrol o día 3 de novembro

Publicación: 2 de novembro  
Infórmase que, por motivos de funcionamento interno, as oficinas da Delegación de Ferrol permanecerán pechadas o día 3 de novembro.  Lamentamos as molestias que esta circunstancia poda causar.
Enlace á noticia
 

Convocatoria do programa de axuda ás actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios

Publicación: 28 de outubro  
No DOG do 6 de setembro de 2022, aparece a RESOLUCIÓN da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia do 25 de agosto de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para a execución de actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios (programa UNICO-Edificios) (códigos de procedemento AP400C e AP400D).
Enlace á noticia.
 

Jornada sobre la iniciación al dictamen pericial del arquitecto

Publicación: 28 de octubre  
Esta Jornada de “Iniciación al dictamen pericial” se encuentra incluida en un marco de formación propuesto para que los Colegios de arquitectos pertenecientes a la UAPFE, cuenten al menos con una jornada anual de iniciación a la pericia.
Enlace a la noticia
 

Emprego

Concello de Monterroso – Praza para técnico de urbanismo

Publicación: 27 de outubro  
No DOG de 26 de outubro, aparece o anuncio da oferta de emprego público para o ano 2022 (técnico de urbanismo) do Concello de Monterroso.
Enlace á noticia
 

Ofertas de emprego

Emprego  


Eventos

TAC! Festival de Arquitectura Urbana busca ciudad para su próxima edición en 2023

Publicación: 2 de noviembre  
TAC! Festival de Arquitectura Urbana, impulsado por la Dirección General de Agenda Urbana y Arquitectura, del Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, busca ciudad para su próxima edición en 2023.
Enlace a la noticia

Curso de Modelaxe 3D de edificios utilizando tecnoloxías inmersivas e de realidade aumentada para a construción 4.0

Publicación: 2 de novembro  
A Fundación Laboral de la Construcción ofeta este curso sbvencionado co obxectivo de dotar ao alumno dos coñecementos xerais necesarios sobre realidade aumentada, así como os dispositivos máis empleados para a súa aplicación, que lle permitan utilizar e sacar partido a programas informáticos específicamente creados para o desenvolvemento de realidade virtual como Unity 3D.
Enlace á noticia
 

Normativa

Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de outubro de 2022

Publicación: 2 de novembro  
Publicado na zona de normativa o listado da Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de outubro de 2022. Dito listado, estará dispoñible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, ao seu carón esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial.
Enlace á noticia

 
Boletíns anteriores na web
Facebook
Twitter
Instagram
Youtube

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400