Colexio| Concursos | Emprego
Colexio
Convocados os Premios “Gran de Area 2022”
| Publicación: 5 de agosto |
|
 |
As Delegacións de Vigo, Pontevedra e Ourense convocan unha nova edición dos Premios “Gran de Area”, que supoñen un recoñecemento a ARQUITECTOS e PROMOTORES, ademais doutros axentes participantes no proceso edificatorio, pola súa labor, necesariamente conxunta, para obter unha obra arquitectónica de calidade.
Enlace á noticia |
Convocatoria para a configuración dun listado de colexiados interesados en recibir encargos de afectados polo incendio ocorrido no mes de xullo no concello de O Barco de Valdeorras
| Publicación: 3 de agosto |
|
 |
Tal e como se anuncia na Circular 17 2022, anúnciase a convocatoria para a elaboración dun listado no que figuren os colexiados interesados en recibir encargos dos veciños afectados polos incendios no concello de O Barco de Valdeorras, con dispoñibilidade inmediata, para realizar os trámites de solicitudes de axuda, memorias, proxectos de reconstrucción, xustificación de subvencións…
Enlace á noticia |
Atención presencial na Delegación da Coruña do 9 ao 12 de agosto
Aviso de peche da delegación de Ferrol na semana do 15 ao 19 de agosto
| Publicación: 10 de agosto |
|
 |
Infórmase que, por necesidades da empresa, as oficinas da Delegación de Ferrol permanecerán pechadas na semana do 15 ao 19 de agosto. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poda causar.
Enlace á noticia
|
Orde de Servizo respecto Alineacións no Concello de Vigo
| Publicación: 4 de agosto |
|
 |
Polo seu interese, acompañamos documento que nos traslada o Concello de Vigo coa Orde de Servizo nº 2/2022 relativa ó criterio a aplicar nas parcelas existentes en solo urbano consolidado con falta de grafiado de aliñacións.
Enlace á noticia
|
Dispoñible a gravación do Club de Lectura Hai Mulleres – Ana Amado “Habitar el Agua”
| Publicación: 8 de agosto |
|
 |
Está dispoñible no CanalCOAG a gravación da terceira sesión do ciclo do Club de Lectura Hai Mulleres, celebrado o mércores 6 de xullo e emitido por streaming desde a páxina de Instagram de @haimulleres, e na que a arquitecta Ana Amado fala sobre a súa obra “Habitar el Agua”.
Enlace á noticia
|
Concursos
Concurso de proyectos con intervención de jurado para la reforma y reorganización de los espacios en el conjunto edificatorio situado entre las calles López Mora, Tomás A. Alonso y Arquitecto Pérez Bellas, en Vigo
| Publicación: 5 de agosto |
|
 |
Publicado en la página de contratación del estado, con fecha 28 de julio, la licitación del contrato de Concurso de proyectos con intervención de jurado para la reforma y reorganización de los espacios en el conjunto edificatorio situado entre las calles López Mora, Tomás A. Alonso y Arquitecto Pérez Bellas, en Vigo.
Enlace a la noticia |
Emprego
Concello de San Sadurniño – Praza de arquitecto/a
| Publicación: 9 de agosto |
|
 |
No BOP-A Coruña de 8 de agosto publícanse as Bases para a selección da praza de persoal laboral fixo de arquitecto ou arquitecta, polo proceso especial de estabilización do emprego temporal de longa duración, incluída na oferta de emprego público 2022 do concello de San Sadurniño.
Enlace á noticia |
|
|