Axenda
Boletín de Información 25 - 2022

Colexio| Publicacións


Colexio

[aprazada] Conferencia David Chipperfield. Santiago. Xoves, 30 de xuño, 19:30h

Publicación: 27 de xuño  
Aprazada. Comunicarase a nova data polos canais habituais. O vindeiro xoves, día 30 de xuño, ás 19:30h, terá lugar no Auditorio do edificio de o Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura (Monte Gaiás, s/n. Santiago de Compostela) unha conferencia de David Chipperfield. Dita conferencia, organizada no marco da edición 2022-2023 do Curso Superior de Técnico de Urbanismo, terá unha duración aproximada dunha hora, seguida dunha quenda de preguntas.
Enlace á noticia

Xornada de asesoramento on line: Identificación, diagnóstico e proceso de desamiantado

Publicación: 27 de xuño  
O vindeiro xoves 30 de xuño, de 16:30 a 19:30 horas, o COAG celebrará unha nova xornada de asesoramento gratuita para colexiados, en formato online, na que falaremos da identificación, diagnóstico e procedeso de desamiantado.
Enlace á noticia

Conferencia “La alfombra roja” CARLOS SEOANE

Publicación: 29 de junio  
El próximo miércoles 6 de julio tendrá lugar en el Museo do Pobo Galego la cuarta de las conferencias enmarcada en el ciclo PRÓXIMOS 2022 que organiza la delegación del Colegio de ARQUITECTOS DE SANTIAGO a través del cual se quiere dar a conocer trabajos arquitectónicos próximos a nuestra demarcación, bien por el emplazamiento de las obras o los estudios como por el contexto sobre el que trabajan.
Enlace a la noticia

Club de Lectura Hai Mulleres – Ana Amado «Habitar el Agua»

Publicación: 29 de xuño  
O vindeiro mércores 6 de xullo, ás 20,20 horas, terá lugar a terceira sesión do ciclo do Club de Lectura Hai Mulleres, na que que falaremos coa arquitecta Ana Amado sobre a súa obra “Habitar el Agua”. Está sesión será emitida por streaming dende a páxina de Instagram de @haimulleres.
Enlace á noticia

Actuacións en defensa da profesión

COAG-Actua
18/05/2022 O COAG presentou un recurso de reposición en impugnación das condicións do contrato de menor (cm22/71) do Concello de Cangas para a contratación do servizo de redacción do proxecto de obra "Rehabilitación das Vivendas Sociais de Nazaret", en defensa das competencias profesionais..
25/05/2022  O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) remitiu unha consulta á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo en relación coa en relación á interpretación do artigo 42 do Plan Básico Autonómico xa que se está a interpretar de forma distinta segundo en que concello.
06/06/2022 Suxestións do COAG ao proxecto de Decreto polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei 10/2014, do 3 de decembro, de Accesibilidade de Galicia.
22/06/2022 O Concello de Cangas comunica a Resolución desestimatoria do recurso de resposición presentado polo COAG en impugnación das condicións do Contrato de menor (cm22/71) do Concello de Cangas para a contratación do servizo de redacción do proxecto de obra "Rehabilitación das Vivendas Sociais de Nazaret", en defensa das competencias profesionais.

El Observatorio 2030 del CSCAE presenta un informe para salvar las trabas a la rehabilitación de viviendas en España y optimizar los fondos Next Generation

Publicación: 29 de junio  
El estudio es un encargo del Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 para impulsar políticas públicas que aceleren los objetivos incluidos en el Componente 2 del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.
Enlace a la noticia

Disponible la grabación de la Conferencia “Volviendo a la naturaleza” BUO ESTUDIO

Publicación: 29 de xuño  
Está dispoñible no CanalCOAG a gravación desta conferencia, que tivo lugar o pasado 8 de xuño, enmarcada no ciclo próximos 2022 a través do cal se quere dar a coñecer traballos arquitectónicos próximos á demarcación do COAG-Santiago, ben polo emprazamento das obras ou os estudios como polo contexto sobre o que traballan.
Enlace á noticia

Aviso de peche da Delegación de Ferrol o xoves 30 de xuño e o venres 1 de xullo

Publicación: 27 de xuño  
Infórmase que, debido a motivos de organización interna, a Delegación de Ferrol permanecerá pechada os vindeiros días xoves 30 de xuño e venres 1 de xullo. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poda causar.

Publicacións

Publicacións do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía. IDAE

Publicación: 29 de xuño  
O IDAE edita unha serie de publicacións técnicas que lle permiten manter diversas canles de difusión e comunicación operativos cos arquitectos, outros axentes do sector da edificación e coa sociedade en xeral. Trátase de información sobre os aspectos tecnolóxicos da arquitectura, con contidos o máis útiles e prácticos posibles que axudarán ao colexiado no seu traballo diario.
Enlace á noticia

 
Boletíns anteriores na web
Facebook
Twitter
Instagram
Youtube

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400 - Fax: 981 594 720