Axenda
Boletín de Información 33 - 2021

Colexio |Concursos |Eventos


Colexio

Ciclo de conferencias: LA CASA INVISIBLE

Publicación: 25 de agosto  
Ciclo charlas la casa invisible Comenzamos el nuevo “curso escolar” presentando un nuevo ciclo de conferencias sobre Arquitectura y Salud organizado por la Delegación de Santiago de Compostela, con la colaboración de la Escuela de Arquitectura de A Coruña y el Clúster de la Salud de Galicia.
Enlace a la noticia

Xornada de asesoramento «O réxime urbanístico do solo» [parte II]

Publicación: 24 de agosto  
Xornada Rexime Urbanistico Esta xornada de asesoramento, que é a segunda parte da celebrada o pasado luns 26 de xuño, ten como obxectivo completar os contidos expostos nesta e ofrecer unha visión global sobre o réxime urbanístico do solo, centrándose na clasificación e categorización do solo que establece a Lei do Solo de Galicia, no marco da regulación das situacións básicas do solo establecidas polo lexislador estatal. Nesta segunda parte, a través de exemplos prácticos e situacións reais, exporanse os criterios xurisprudenciais nesta materia e farase unha aproximación ao rexime transitorio aplicable nos supostos de planeamento non adaptadado.
Enlace á noticia

Convocatoria arquitecto/a colaborador/a das actividades culturais da Delegación de Santiago

Publicación: 20 de agosto  
Arquitecto colaborador santiago Convocatoria para a selección de COLEXIADO/A COLABORADOR/A para dar apoio nas accións culturais que se celebren na delegación de Santiago de Compostela do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, organizadas pola súa Xunta Directiva.
Enlace á noticia

Premios «Gran de Area 2021» | Apertura da plataforma para a presentación de propostas

Publicación: 18 de agosto  
Grabacion conferencia Espacio Publico Infórmase da apertura da plataforma online de xestión de premios da web colexial, para a presentación das candidaturas aos premios «Gran de Area 2021», que estará dispoñible ate as 14:00 horas do 16 de setembro.
Enlace á noticia

Concursos

Concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos para a construción da nova sede do IMELGA en Santiago de Compostela

Publicación: 6 de agosto  
Concurso IMELGA Con data 6 de agosto, a Vicepresidencia 1ª e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia, convoca o Concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos para a construción da nova sede do Instituto de Mediciña Legal de Galicia (IMELGA) en Santiago de Compostela.
Enlace á noticia

Eventos

Laboratorio da Paisaxe – Escenarios para a vida

Publicación: 17 de agosto  
Laboratorio da Paisaxe Barro – Agosto 2021. 3 días, 4 localizacións, 15 participantes. Land art + arquitectura + escultura + fotografía. Aberto o  prazo de inscrición! Días 27, 28 e 29 de agosto. Actividade de balde. Prazas reducidas. Imprescindible inscrición previa cunha mensaxe nas nosas redes sociais ou email.
Enlace á noticia

Boletíns anteriores na web
Twitter
Facebook
Instagram

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400 - Fax: 981 594 720