Colexio |Emprego |Eventos
Colexio
Consulta previa sobre a Lei de Arquitectura de Galicia
| Publicación: 23 de decembro |
|
 |
Como xa se informou recentemente, o Consello da Xunta de Galicia aprobou a consulta pública previa sobre o anteproxecto de Lei de Arquitectura de Galicia.
Cremos que é un documento moi importante e no que os Arquitectos temos moito que dicir e posiblemente debamos liderar o debate público.
Nese sentido o Colexio xa organizou un grupo de traballo para presentar as oportunas achegas e tentar que o documento sexa o mellor, o máis completo e ambicioso posible.
Enlace á noticia |
Apertura do prazo para a configuración da colexiación 2021
| Publicación: 22 de decembro |
|
 |
Infórmase que, segundo se indica na Circular 30 2020, está aberto o prazo para a configuración da colexiación para o exercicio 2021, que rematará o 24 de xaneiro.
Pode atoparse máis información na web colexial.
Enlace á noticia |
Aprobación do Plan de compliance en materia de competencia
| Publicación: 22 de decembro |
|
 |
A Xunta de Goberno na súa sesión 14/2020 de 26 de novembro, adoptou o acordo de aprobar o programa de cumprimento en materia de competencia encargado a Megamail Consultores en cumprimento da Resolución da Comisión Galega da Competencia aprobando a terminación convencional do expediente S5/2016.
Enlace á noticia |
Novos concellos incorporados á interoperatibilidade co COAG
| Publicación: 18 de decembro |
|
 |
Froito do convenio de interoperabilidade asinado entre o COAG e a Deputación da Coruña, habilitarase a posibilidade de autorizar a documentación tramitada no COAG para a súa descarga nos 72 Concellos aos que a Deputación dá soporte, en dúas fases.
Enlace á noticia |
Emprego
Oferta de traballo para a redacción dun proxecto de demolición e dirección técnica no Concello de Nigrán
| Publicación: 21 de decembro |
|
 |
O Concello de Nigrán solicita ao Colexio de Arquitectos de Galicia a colaboración na designación, mediante sorteo, dun colexiado/a interesado na redacción de proxecto e a dirección técnica da demolición dunha edificación sen licenza emprazada no referido termo municipal, en execución do disposto por sentencia xudicial.
Enlace á noticia |
Eventos
Película cinematográfica «La ciudad de las rías», de Andrés Fernández Albalat
| Publicación: 21 de diciembre |
|
 |
La V edición del Sellier Film Festival se clausurará el próximo lunes 28 de diciembre con la versión restaurada e íntegra de «La ciudad de las rías» de Andrés Fernández-Albalat. Enlace a la noticia |
|
|