Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia


Boletín de información [nº 5 - 2017]

Colexio

Recurso de reposición contra acordo Concello de A Coruña de aprobación das bases reguladoras da convocatoria pública para a adquisición polo concello de edificios de vivendas

Publicación: 5 de xullo de 2017
Recurso de reposicion Interposición de recurso de reposición en impugnación do acordo da Xunta de Goberno Local de A Coruña de aprobación das bases reguladoras da convocatoria pública para a adquisición polo concello de edificios de vivendas. Enlace á noticia.

Cultura

Alejandro de la Sota será homenaxeado pola Real Academia Galega de Belas Artes

Publicación: 3 de xullo de 2017
Alejandro de la Sota Conforme a proposta realizada polo COAG, a Real Academia Galega de Belas Artes decidiu elixir a candidatura do arquitecto Alejandro de la Sota Martínez, para a celebración do “Día das Artes Galegas” do ano 2018. Enlace á noticia.

Emprego

Universidade de Vigo. Licitación proxecto de rehabilitación do edificio Faraday (ETEA)

Publicación: 5 de xullo de 2017
Licitación proxecto de rehabilitación do edificio Faraday No DOG do 5 de xullo inclúese anuncio da Universidade de Vigo, en relación a contratación do proxecto de dirección de obra da rehabilitación do edificio Faraday na ETEA en Vigo.
Enlace á noticia.

Asesoramento e coordinación en materia de seguridade e saúde

Publicación: 3 de xullo de 2017
Asesoramento e coordinacion en materia de SS Licitación do servizo de asesoramento e coordinación en materia de seguridade e saúde nos proxectos e obras promovidos e/ou financiados polo Consorcio da Zona Franca de Vigo.
Enlace á noticia.

Arquitectos para taxacións para todas as provincias de Galicia

Publicación: 30 de xuño de 2017
Arquitectos Tasadores KRATA S.A., Sociedade de Tasación de ámbito nacional, está a ampliar a súa rede de técnicos colaboradores externos na súa Delegación Noroeste. Enlace á noticia.

Formación

VI International Workshop - EAAE Thematic Network on Conservation

Publicación: 5 de xullo de 2017 Participación aberta ata o 14 de xullo de 2017
VI International Workshop - EAAE Thematic Network on Conservation Os próximos días 27 e 30 de setembro do 2017 terá lugar na Coruña a "VI International Workshop - EAAE Thematic Network on Conservation", patrocinada pola European Association for Architectural Education e CESUGA University College. Enlace á noticia.

Máster Universitario Arquitectura del Paisaje Juana de Vega 2017-2018

Publicación: 26 de xuño de 2017 Preinscrición do 23 de xuño ao 13 de xullo
Master Arquitectura del Paisaje Aberta a preinscrición na nova edición do Máster en Arquitectura del Paisaje Juana de Vega.
Impartido por docentes da Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade da Coruña, formase a profesionais da arquitectura da paisaxe. Enlace á noticia.

Máster Universitario en Edificación Sostenible

Publicación: 28 de xuño de 2017 Preinscrición do 23 de xuño ao 13 de xullo
Master Edificacion Sostenible Aberta a preinscrición no Máster Universitario en Edificación Sostenible, que abordará a temática no contexto de marco Horizonte 2020, cando será obrigatorio que todos os edificios teñan un consumo enerxético case nulo.
Enlace á noticia.

NOA Innova. Curso Autodesk Revit Arquitecture 2016

Publicación: 26 de xuño de 2017 Online, do 17 al 31 de xullo de 2017 - Matrícula aberta
Autodesk Revit Arquitecture 2016 Debuxos arquitectónicos, documentación e planificacións con rapidez e facilidade. Architecture dispón de funcións de deseño e documentación que permiten automatizar as tarefas de debuxo, reducir os erros e aumentar a eficiencia. Duración 20 horas.
Enlace á noticia.

NOA Innova. Curso Autodesk Revit MEP 2016

Publicación: 26 de xuño de 2017 Online, do 17 al 31 de xullo de 2017 - Matrícula aberta
Autodesk Revit MEP Revit é a aplicación BIM principal de Autodesk para dar resposta aos proxectos de arquitectura, estruturas e instalacións. Destaca pola súa facilidade de uso e a robustez dos seus modelos, permitindo integrar gran cantidade de información nun mesmo modelo. Duración 20 horas.
Enlace á noticia.

NOA Innova. Curso Photoshop CS5

Publicación: 26 de xuño de 2017 Online, do 17 al 31 de xullo de 2017 - Matrícula aberta
Curso Photoshop CS5 Photoshop é un programa líder no mundo de edición e retoque de imaxes e fotografías. É usado por fotógrafos profesionais, deseñadores web, deseñadores gráficos, profesionais da arquitectura e do urbanismo para la realización dos seus traballos. Duración 90 horas.
Enlace á noticia.

Ofertas

Oferta de software PREOC 2017 + PREMETI 2017

Publicación: 26 de xuño de 2017 Ata o 30 de outubro de 2017
Oferta software Preoc e Premeti 2017 A empresa Atayo ofrece aos colexiados, cun 38 % de desconto, a base de prezos de construcción PREOC 2017 e o programa de medicións e presupostos PREMETI 2017 a un prezo de 220 € mais IVA.
Oferta especial ata o 30 de outubro de 2017.
Enlace á noticia.

Normativa

Normativa de interese xuño 2017

Publicación: 30 de xuño de 2017
Publicada na zona de normativa a listaxe da Normativa de interese actualizada a 30/06/2017.
Enlace á noticia.

Planeamento urbanístico xuño 2017

Publicación: 30 de xuño de 2017
Planeamento urbanístico publicado no mes de xuño de 2017 en boletíns oficiais, incluíndo os Plans con trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica aberta, publicados na web da Xunta de Galicia.
Enlace á noticia.

Premios

Convocado el Premio de Urbanismo Español 2017

Publicación: 5 de xullo de 2017 Presentación de traballos ata o 15 de setembro
Convocado el Premio de Urbanismo Español 2017 O CSCAE convocou o Premio de Urbanismo Español 2017, que ten por obxecto recoñecer a calidade daqueles traballos, realizados por equipos profesionais dirixidos por arquitectos españois, de plan ou de urbanización de espazos públicos realizados en España.
Enlace á noticia.

Candidaturas do COAG ao Premio de Arquitectura Española 2017

Publicación: 30 de xuño de 2017
A Xunta de Goberno do COAG adoptou o acordo de propoñer ao “Premio de arquitectura española 2017″, convocado polo CSCAE, a candidatura dos traballos premiados na XVII edición dos “PremiosCOAG” que reúnan os requisitos esixidos nas bases.
Enlace á noticia.

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400
web: portal.coag.es

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en cumprimento do artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmalle de que os datos que figuran nesta comunicación están incluidos no arquivo "colexiados", que ten como titular ao Colexio de Arquitectos, coa finalidade de contestar ás consultas e de ofrecerlle información sobre as actividades e servizos da organización colexial. Pode exercitalo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición na dirección: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Protección Datos. Praza da Quintana 1, Casa da Conga. 15704 Santiago de Compostela ou por email a: protecciondatos@colexiodearquitectos.org
En relación co artigo 22 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servicios de la Sociedad de la Información y de Comercio Electrónico, pode darse de baixa da lista de distribución do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, enviando unha mensaxe á dirección: protecciondatos@colexiodearquitectos.org
A nosa política de privacidade está dispoñible en: www.coag.es/avisolegal.asp





*|REWARDS|*