A Agrupación Galega de Arquitectas e arquitectos nas Administracións Públicas do COAG amplía as posibilidades de participación como afín.
A unión como afín permíteche participar no funcionamento e nas actividades da Agrupación Galega de Arquitectos e Arquitectas nas Administracións Públicas (AGAAP), aínda sen ser integrante da agrupación.
A Asemblea Xeral ordinaria da AGAAP do pasado 28 de maio acordou a ampliación dos supostos que permiten unirse como afíns para favorecer a participación das arquitectas e arquitectos que acrediten ter un interese no exercicio da profesión nas administracións públicas ou en universidades públicas, para o que será suficiente con ter sido admitida ou admitido nalgún proceso selectivo.
Este suposto engádese aos que xa estaban establecidos con anterioridade, de modo que:
- Se estás xubilada/o ou en excedencia, tras ter prestado servizo en calquera Administración pública ou Universidade pública
- Ou estás prestando servizos para a Administración Pública mediante un contrato administrativo
- Ou tes interese no exercicio da profesión nas administracións públicas e foches admitida/o nalgún proceso selectivo
Podes solicitar a túa alta como afín da AGAAP cubrindo o seguinte FORMULARIO. Logo da solicitude, e xustificación dos requisitos esixibles, o recoñecemento da incorporación será por acordo da Xunta Directiva da AGAAP.
Por outra banda, lembramosche que para unirte como integrante, os requisitos son:
- Prestar servizo en calquera administración pública ou universidade pública (funcionario/a de carreira, interino/a, ou contratado/a en réxime laboral, ou por sentenza, excluído o persoal eventual)
- Non desenvolver actividades privadas de índole profesional que correspondan ás competencias do título de arquitecto ou arquitecta (agás as autorizadas consonte á noromativa que establece o réxime de incompatibilidades)
Podes solicitar a túa alta como integrante da AGAAP cubrindo o seguinte FORMULARIO. Unha vez recibida a solicitude, será revisada pola Secretaría colexial para determinar se cumpre os requisitos de pertenza á Agrupación. A inscrición definitiva será confirmada mediante un correo electrónico da Secretaría colexial.
O regulamento da AGAAP está dispoñible na páxina web https://portal.coag.es/ agaap/, xunto coa información básica da agrupación.
