|
|
|
|
|
O Museo do Pobo Galego acolle a xornada aberta “Amizade en torno a Baltar” hoxe martes 8 de setembro |
|
|
| O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) convida a toda a cidadanía a participar na xornada "Amizade en torno a Baltar", celebrarase o hoxe martes 8 de setembro no Salón de Actos do Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
#COAGconta: Eficiencia enerxética. Introducción de bombas de calor con datos reais. |
|
|
| O próximo 17 de setembro, por razóns organizativas nesta ocasión xoves en lugar dos mércores habituais, ás 12:00 horas, Juan Manuel Ferreiro Oliva e Rafael Fernández Vale, arquitectos do servizo de asesoramento en materia de aforro de enerxía e rehabilitación enerxética do COAG, exporán como se poden introducir bombas de calor sustituíndo as curvas por defecto do programa por equipos reais en uso de calefacción/frío e ACS. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Conferencia Ameneiros Rey – Ciclo Próximos 2026 16 de setembro |
|
|
| Dende a delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos comprácenos anunciar, tras o período estival, o terceiro relatorio do ciclo Próximos 2026, que terá lugar o vindeiro mércores 16 de setembro. Este ciclo, que celebra a súa VI edición, pretende dar a coñecer traballos arquitectónicos próximos á nosa delegación, ben polo emprazamento das obras, estudos ou ben polo contexto que os envolve. Nesta ocasión, os protagonistas serán os integrantes do estudo Ameneiros Rey, que nos acompañarán nun percorrido polos seus traballos profesionais realizados en Galicia ao longo dos últimos anos. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Conferencia de Salgado e Liñares: 25 anos – 25 proxectos |
|
|
| O mércores 23 de setembro, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: Salgado e Liñares: 25 anos – 25 proxectos que será impartida polos arquitectos Alfonso Salgado e Francisco Liñares, do estudio Salgado e Liñares. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso de Contratación Pública de Traballos de Arquitectura COAG EGAP |
|
|
| Entre o 23 de setembro e o 21 de outubro terá lugar o Curso de Contratación Pública de Traballos de Arquitectura, coorganizado polo COAG e a EGAP. Este curso ten como obxectivo facilitar ao alumnado os coñecementos necesarios para poder abordar con solvencia todos os procesos relacionados coa contratación pública de traballos de arquitectura. Para iso, contando coa intervención de profesionais que son referencia en cada unha das materias abordadas. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso-Taller práctico para a elaboración do Informe de Avaliación de Edificios (IAE) e o Libro do Edificio Existente (LEEx) |
|
|
| O obxectivo do curso é elaborar, a través de obradoiros prácticos, o Informe de Avaliación de Edificios e o Libro do Edificio Existente dun edificio real. O edificio escollido para iso é o edificio Apolo, en Santiago de Compostela. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Apertura da plataforma para a presentación de candidaturas aos Premios “Gran de Area 2026” |
|
|
| Infórmase da apertura da plataforma de presentación de candidaturas da edición 2026 dos premios Gran de Area de Arquitectura. O prazo de presentación rematará ás 23:59 horas do 25 de setembro de 2026. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Informe sobre as axudas á vivenda |
|
|
| Actualizado 01 | 09 | 26 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios de vivendas. Este informe pretende recoller todas aquelas de especial interese para o traballo do arquitecto e os usuarios finais. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso General de Espacio Público |
|
|
| La entidad Ciudades que Caminan nos anuncia la celebración de este curso para reflexionar y aprender sobre cuestiones teóricas y prácticas relacionadas con el espacio público aplicando una óptica interdisciplinar desde los ámbitos de la planificación urbanística, el diseño urbano, la movilidad, el campo jurídico, el paisajismo, la salud, la comunicación o la sociología, especialidades que confluyen en los objetivos de revitalización y calidad del espacio público. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|