|
|
|
|
|
Sentenza do Tribunal Supremo que fixa doutrina sobre a competencia profesional para redactar proxectos de cambio de uso de local a vivenda. |
|
|
| Infórmase que, tal é como se indicou na circular 12/2026, o Tribunal Supremo ditou a sentenza nº 700/2026, do 4 de xuño, que establece como doctrina a competencia exclusiva de arquitectos para intervencións en edificios cando se cambien os usos característicos, aínda que só afecte a un dos inmobles que configuran o edificio. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Creación do Grupo de Coordinación de Emerxencias do COAG |
|
|
| A frecuencia e intensidade dos fenómenos meteorolóxicos adversos, incendios forestais, inundacións e outras situacións de catástrofe no territorio galego ou estatal esixen dunha resposta rápida, técnica e coordinada. Como profesionais da edificación e o urbanismo, as arquitectas e arquitectos desempeñamos un papel crítico na protección das persoas e na recuperación das contornas habitadas. A creación do Grupo de Coordinación de Emerxencias do COAG nace coa vocación de artellar unha rede solidaria e altamente capacitada de profesionais voluntarios en Galicia. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso de Contratación Pública de Traballos de Arquitectura COAG EGAP |
|
|
| Entre o 23 de setembro e o 21 de outubro terá lugar o Curso de Contratación Pública de Traballos de Arquitectura, coorganizado polo COAG e a EGAP. Este curso ten como obxectivo facilitar ao alumnado os coñecementos necesarios para poder abordar con solvencia todos os procesos relacionados coa contratación pública de traballos de arquitectura. Para iso, contando coa intervención de profesionais que son referencia en cada unha das materias abordadas. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Exposición “Rafael Baltar. Testemuña dun tempo” ata o 27 de setembro |
|
|
| Entre o 14 de xullo e o 27 de setembro estará dispoñíble no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela, a exposición “Rafael Baltar. Testemuña dun tempo” organizada polo Colexio e a Delegación de Santiago, o Museo do Pobo Galego e a Escola de Arquitectura da Coruña, coa colaboración da Xunta de Galicia. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso-Taller práctico para a elaboración do Informe de Avaliación de Edificios (IAE) e o Libro do Edificio Existente (LEEx) |
|
|
| O obxectivo do curso é elaborar, a través de obradoiros prácticos, o Informe de Avaliación de Edificios e o Libro do Edificio Existente dun edificio real. O edificio escollido para iso é o edificio Apolo, en Santiago de Compostela. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O CSCAE organiza unha listaxe de arquitectos voluntarios para prestar asistencia técnica en situacións de emerxencia |
|
|
| O Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) fai un chamamento aos/as profesionais da Arquitectura para constituír unha listaxe de voluntarios/as que permita canalizar a asistencia técnica ante situacións de emerxencia derivadas de desastres naturais, como os incendios con afección de zonas rurais de Almería, Ávila, Madrid, Toledo e a Vall de Uxó, en Castelló, ou o dobre terremoto que, o 24 de xuño, sacudiu Venezuela, acabando coa vida de miles de persoas, deixando outros tantos miles de feridos e provocando o colapso de numerosas vivendas e edificios e danos severos noutras. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Atlantía | Dispoñible a gravación coa intervención de Marta Trigás, Aldara Vázquez e Lara Lars, moderada por Joana Covelo |
|
|
| Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da intervención de Marta Trigás, Aldara Vázquez e Lara Lars, moderada por Joana Covelo. O evento ATLANTÍA pretendeu reunir, nunha xornada que tivo lugar o xoves, 18 de xuño, no Naútico de San Vicente do Mar a visión de varias arquitectas de xeracións diferentes, e con perfís profesionais tamén moi diversos. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Actuacións en defensa da profesión |
|
|
| O COAG presenta un recurso de reposición en impugnación do proceso selectivo do concello de Ponteareas para a contratación laboral temporal dun/dunha Arquitecto/a para a substitución temporal da actual Arquitecta municipal, mediante o procedemento previsto no convenio colectivo do concello. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Resultado do proceso de selección para a contratación temporal, en réxime laboral, dunha persoa colexiada como persoal adscrito á área técnica na delegación de Santiago |
|
|
| Tras finalizar o proceso de selección para a contratación temporal de persoal técnico na Delegación de Santiago do COAG, infórmase que a colexiada Paula Alfonso Laya resultou seleccionada para cubrir a praza. O proceso completouse coa realización das correspondentes probas e entrevistas por parte do tribunal cualificador, quedando como suplente a colexiada Claudia Ares Criado. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de xullo de 2026 |
|
|
| No apartado Boletíns de normativa da web colexial, pódese acceder á Normativa e acordos de interese publicados no mes de xullo de 2026 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP’s provinciais, así como en trámite de avaliacións ambientais estratéxicas abertas, e o planeamento urbanístico. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|