 |
|
|
|
|
Congreso 25 Anos do ProxectoTERRA- Iº Encontro Ibérico de Educación pola Arquitectura |
|
|
| Coa celebración dos 25 anos do ProxectoTERRA, o que pretendemos é presentar os recursos, actividades e os traballos desenvolvidos na cooperación coas distintas etapas da escolarización obrigatoria. As actividades asociadas a esta celebración estarán centradas na 1ª sesión do venres pola tarde do Encontro. acompañada dunha exposición na que se recollera unha significativa mostra dos recursos elabrados ao longo dos 25 anos do ProxetoTERRA. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Comunicación do COAG sobre a “Casa Benedicto” |
|
|
| A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, na súa sesión 21/2025 de 16 de outubro acordou actualizar a súa posición con respecto á conservación da “Casa Benedicto” no Concello de Navia de Suarna, a través dun escrito enviado a diversas administracións (Asociación Cultural Patrimonio Naviego, á Deputación de Lugo, ao Concello de Navia de Suarna e á Dirección xeral de Patrimonio Cultural) en coherencia co acordo xa adoptado na sesión 10/2017 celebrada o 28 de setembro de 2017 en Santiago de Compostela. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Listas de peritos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para o ano 2026 |
|
|
| Infórmase da apertura da convocatoria para configurar todas as modalidades de listas de peritos organizadas polo COAG para o exercicio 2026, establecendo un prazo no que todos os colexiados interesados podan solicitar a súa incorporación. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Convocatoria para selección de propostas para axudas a publicacións e actividades culturais 2025 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Tal e como se indica na Circular 14 2025, a Xunta de Goberno, na súa sesión 21/2025 de 16 de outubro, aprobou a proposta da Comisión de Cultura para abrir unha convocatoria para que todos os colexiados interesados na colaboración do COAG en publicacións e actividades culturais no ámbito da nosa profesión poidan subir as súas propostas, e así establecer ter unha canle continua e aberta a todos os colexiados. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Convocatoria de candidaturas ao IV Premio “Arquitectura para un mundo mellor” de recoñecemento profesional de achega á Arquitectura |
|
|
| Após do éxito acadado nas tres primeiras edicións do Premio “Arquitectura para un mundo mellor”, impulsadas pola Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, esta cuarta edición convócase de novo en colaboración coa Comisión de Cultura do COAG, mantendo o seu alcance a todo o ámbito do territorio galego. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
#COAGconta: Vivendas colectivas e coidado. Aplicando a perspectiva de xénero |
|
|
| Hoxe mércores 5 de novembro, de 16:30 a 17:30 horas, Zaida Muxí Martínez, Profesora Distinguida - Faculty of Excellence EAAD TEC Monterrey, falaranos sobre vivenda e perspectiva de xénero. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Conferencia clausura CSTU 2024-25 | Retos da rexeneración urbana | Sonia Freire |
|
|
| Este venres, 7 de novembro, ás 12:30 h. no salón de actos da EGAP, porase fin á edición 2024-2025 do Curso Superior de Técnico de Urbanismo, que o COAG organiza en colaboración coa EGAP. A conferencia "Retos da rexeneración urbana no século XXI. Unha mirada internacional" será impartida pola Doutora arquitecta Sonia Freire Trigo, Vicedirectora de Educación, da Escola de Planificación Bartlett, do University College London, onde é directora do Master en Rexeneración Urbana. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enquisa sobre preferencias formativas para 2026 |
|
|
| Co obxectivo de coñecer as vosas preferencias e principais demandas formativas, tanto en cursos de actualización profesional (aprox. menos de 50 horas) como nos #COAGconta, para establecer a programación e contidos a desenvolver durante este próximo ano 2026, acabamos de habilitar a enquisa sobre preferencias formativas. Ademais, inclúense algunhas cuestións de tipo organizativo que nos resultan de gran utilidade para aliñar as modalidades, formatos, horarios, dedicacións etc., coas vosas preferencias. A enquisa é breve e anónima. Coñecer as vosas opinións e preferencias resulta especialmente importante para nós para mellorar o enfoque e a organización das actividades formativas que programamos, así como para promover novos cursos nas liñas que propoñedes. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Inauguración exposición “Los carteles de Felipe Peña. Actividades culturales a través de su propaganda” |
|
|
| O vindeiro xoves día 6 de novembro ás 19.00 horas, no Centro Torrente Ballester, a Delegación de Ferrol do COAG organiza a inauguración da exposición "Los carteles de Felipe Peña. Actividades culturales a través de su propaganda". Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Informe sobre as axudas á vivenda |
|
|
| Actualizado 01 | 11 | 25 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios de vivendas. Este informe pretende recoller todas aquelas de especial interese para o traballo do arquitecto e os usuarios finais. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
XII Congreso Internacional de Ordenación del Territorio (XII CIOT) “Cultura territorial. El futuro no se improvisa” |
|
|
| El XII Congreso Internacional de Ordenación del Territorio (XII CIOT), coorganizado por FUNDICOT y la Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de la Xunta de Galicia, se celebrará en la ciudad de Santiago de Compostela los próximos días 12, 13 y 14 de noviembre de 2025. Este nuevo XII CIOT pretende seguir siendo foro de referencia para la presentación y discusión de las condiciones, avances, prácticas y experiencias en materia de planificación, implementación, evaluación y gestión territoriales; desde diferentes enfoques (natural, patrimonial, urbano, infraestructural, paisajístico, rural, litoral, del desarrollo económico regional…), pero siempre respondiendo a una visión coherente e integrada. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de outubro de 2025 |
|
|
| No apartado da zona de normativa da web colexial, na súa marxe esquerda, os subscritores do servizo de Normativa, poden acceder á Normativa e acordos de interese publicados no mes de outubro de 2025 no D.O. Galicia, B.O.E., DOCCEE, e nos catro BOP’s provinciais, así como en trámite de avaliacións ambientais estratéxicas abertas, e o planeamento urbanístico. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|